Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As enxeñarías en Informática, as titulacións máis demandadas polas empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As enxeñarías en Informática, as titulacións máis demandadas polas empresas

Redacción
Publicado: 28/11/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

nena_computador_crianza.jpgQue o paro non afecta a todos os estudos por igual é algo que xa sabíamos, e tamén é coñecida a importancia crecente, de cara ao mercado laboral, que teñen as carreiras ligadas ás novas tecnoloxías, principalmente por ser estas o ingrediente básico de toda acción empresarial modernizadora, e tamén da nova revolución industrial na que estamos mergullados (a 4.0). Porén, non deixa de ser salientable que as enxeñerías en Informáticas corran a velocidade de foguete, mentres outras titulacións fano simplemente a bo ritmo. Segundo os datos do informe Infoempleo de Adecco (dispoñible en formato PDF), correspondente a 2016, as enxeñarías TIC lideran hoxe a demanda de emprego das empresas en España.
Os perfís máis valorados son os que xuntan ampla marxe de adaptación, bo nivel de linguas, dispoñibilidade xeográfica, experiencia en contornas multiculturais e emprego intensivo de novas tecnoloxías.
A investigación, que avalía en detalle as ligazóns entre a formación académica e o mercado laboral, revela que os titulados universitarios seguen sendo os candidatos máis demandados polas empresas nas súas ofertas de emprego. As carreiras técnicas máis demandadas polas empresas durante 2016 foron as enxeñerías en Informática (6%), Enxeñería Industrial (5,45%), Enxeñería de Telecomunicacións (2,6%), Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática (2%) e Enxeñería Mecánica (1,6%). O informe sinala tamén que a informática continúa liderando a demanda de emprego no macrosector TIC, cun 5,5% da oferta estatal.
Segundo reflicte o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG), o informe revela que durante 2016 o requisito de experiencia profesional aumentou a súa presenza na oferta de emprego en máis de catro puntos, chegando ao 79,55% neste último ano. Polo que atinxe a previsións, a entidade profesional que preside Marcos Mata tamén achega, en base ao dito estudo, o seguinte prognóstico: o ano vindeiro, o 43% das organizacións contratarán máis empregados, “un horizonte no que de novo aparece a informática como un dos perfís profesionais que serán máis demandados polas empresas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?