Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ferrol mostra as cousas que poden facer as tecnoloxías a prol da moda
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ferrol mostra as cousas que poden facer as tecnoloxías a prol da moda

Redacción
Publicado: 28/11/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

innovacion_roupa-2.jpgEste mércores celébrase un evento destinado a pór de relevo, achegando exemplos concretos, a importancia e o potencial das ferramentas innovadoras para optimizar o rendemento, a creatividade e o radio de alcance do noso sector téxtil. Trátase do Simposio Internacional en tecnoloxías industriais da moda, que se inaugura ao fío das 9.15 horas da man do reitor da Universidade, Julio Abalde, no salón de actos do Campus de Ferrol.
Segundo fai saber a organización (o propio Campus), o simposio ten como obxectivo “dar a coñecer o potencial tecnolóxico do Campus á industria da moda e detectar as tendencias e necesidades do sector”. Co evento tamén se quere buscar a mellor sintonía posible entre os requirimentos do sector e a UDC (con vistas ao novo grao en Xestión Industrial da Moda que se implantará o vindeiro curso en Ferrol).
O programa inclúe unha conferencia sobre a implantación do sistema RFID na industria téxtil. Como lembraremos, o sistema RFID (identificación por radiofrecuencia, polas súas siglas en inglés Radio Frecuency Identification) é unha tecnoloxía de almacenamento e recuperación de información que emprega dispositivos como etiquetas, tarxetas ou transpondedores RFID. A través destes elementos transmítese a identidade dun obxecto mediante ondas de radio, abríndose un amplo espectro de posibilidades para o ámbito da rastrexabilidade (trazabilidade) de produtos.
Ademais, o evento dará acubillo a tres mesas de debate:
· 11:00 horas. Modelos innovadores de transferencia de tecnoloxías desde as universidades e centros tecnolóxicos ao sector da moda.
· 13:00 horas. Visión compartida da enxeñaría aplicada á industria da moda. Necesidades do sector e capacidades da universidade.
· 16:00 horas. Emprendemento galego na industria da moda.
O simposio conta coa participación de investigadores da UDC, deseñadores e representantes do Cluster Téxtil Moda así como de empresas do mesmo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?