Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As xornadas sobre videogamificación e sexualidades desvelan múltiples exemplos de machismo nos videoxogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As xornadas sobre videogamificación e sexualidades desvelan múltiples exemplos de machismo nos videoxogos

Redacción
Publicado: 29/11/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_gamificacion_xornada-2.jpgEstes días (onte e hoxe) estanse a celebrar no Campus de Ourense unhas xornadas que enfían directamente coa celebración internacional do sábado 25 de novembro (o día contra a discriminación contra as mulleres) e que están encamiñadas a facermos fronte común a prol da igualdade de xénero na industria do videoxogo. Trátase das xornadas Videogamificación e sexualidades: identidades, xéneros e discursos interactivos. Consecuencias para a industria e a educación. Nos encontros, que veñen da man das docentes María Isabel Doval, da Facultade de Ciencias da Educación, e Alma Gómez, da Escola Superior de Enxeñaría Informática, as relatoras coinciden en afirmar que o eido dos videoxogos, malia ser un ámbito de expresión e creatividade relativamente novo e innovador, é tamén un caldo de cultivo para o patriarcado e para o machismo.
Polas xornadas, encamiñadas a visualizar ata que punto a industria das consolas e das aventuras gráficas segue “lonxe dos estándares de igualdade que debera manter”, están a pasar unha manchea participantes de todo tipo de eidos, desde o académico ao de desenvolvemento de videoxogos. Segundo explicou Doval, a idea de levar a cabo esta cita naceu hai dous anos, cando na celebración no Campus de Pontevedra dun congreso internacional sobre videoxogos e educación, unha das cuestións postas sobre a mesa de xeito reiterativo foi “o androcentrismo imperante no sector dos videoxogos”. Na súa opinión, “hai un déficit moi grande en todo o relacionado coa muller e a tecnoloxía que se filtra a todo tipo de cuestións, neste caso os videoxogos”. Estas xornadas, explican, Alma Gómez, queren “facilitar unha ollada de xénero a esta industria tendo en conta a tendencia que hai de fomentar unha aprendizaxe baseada neste formato”.
Unha das participantes nas xuntanzas é Anabel G. Penín, directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo (entidade que patrocina as xornadas), quen convidou ao alumnado asistente “a transferir á sociedade o coñecemento adquirido nestas xornadas”, e a “que sexan auténticos motores de cambio para contribuír a unha sociedade máis xusta”. Pola súa banda, Carmen Ricoy, vicedecana de Ciencias da Educación, fixo fincapé na súa intervención no carácter multidisciplinar desta actividade, que se realiza tanto desde o eido da educación como da tecnoloxía e desde o académico ao profesional.
A programación arrancou cunha conferencia sobre a reprodución de microculturas patriarcais e masculinidades hexemónicas a través dos videoxogos, a cargo de Jorge García Marín, do Departamento de Socioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Na súa intervención, afondou nun feito incontestable: nos videoxogos os personaxes masculinos están “ligados a elementos clásicos da identidade masculina hexemónica, como a forza, a agresividade ou a violencia”. Deste xeito, apuntou, perpetúanse roles que deberan ser superados porque son o xermolo de vindeiros problemas de dominio e discriminación, por exemplo o rol de rescatador de princesas vingador e violento.
A primeira xeira tamén contou con varias mesas redondas sobre temas como os art games e o xénero e a muller na industria do videoxogo. Nas intervencións abordáronse temas como o papel da arte nesta relación entre videoxogos e xénero, a alfabetización dixital crítica e inclusiva, a evolución da imaxe da muller nas portadas dos videoxogos ou os videoxogos como ferramenta socializadora de xénero. Entre os participantes nestas mesas estivo Silvia López, investigadora e desenvolvedora de Serious Games en DIMElab. López salientou a importancia da incorporación das mulleres nos equipos directivos de produción de videoxogos, poñendo o foco na creación de produtos con intención educativa que consigan o mesmo impacto cós comerciais. Para loitar contra os estereotipos de xénero, Silvia López dixo que “cómpre facer un bo estudo das personaxes, do contexto de xogo, das interaccións entre personaxes e dos diálogos”.
Pola súa banda, Marta Somoza, arquitecta e investigadora, avaliou as paisaxes que aparecen nos videoxogos e o seu carácter ou non inclusivo, facendo fincapé no predominio de territorios perigosos, fríos e catastróficos. Deste xeito, recalcou, “non son inclusivos nin para a muller nin para a especie humana en xeral, xa que son territorios onde é difícil a supervivencia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?