Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA multiplica por cinco a capacidade dos seus servidores de datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA multiplica por cinco a capacidade dos seus servidores de datos

Redacción
Publicado: 29/11/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

cesga_exterior.jpgAs capacidades e a potencialidade de resposta do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) vanse ver reforzadas coa entrada do novo ano. Máis polo miúdo, o centro afrontará a súa nova andaina con “azos” renovados en materia de traballo con grandes volumes de datos. O motivo? Pois a inclusión dun novo servidor de 1,54 millóns de xigabytes. Esta incorporación, aplicada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, permitirá (entre outras cousas) multiplicar por cinco a capacidade dos seus servidores de datos. En palabras do departamento da Xunta que dirixe Francisco Conde, o novo sistema tamén “aporta velocidade de acceso e flexibilidade na xestión da información”.
Máis en detalle, a tecnoloxía incorporada foi especialmente deseñada para facilitar un acceso inmediato á información almacenada, multiplicando por cinco a capacidade bruta do CESGA e, en concreto, a dos seus servidores de almacenamento de datos, ao dispor da comunidade científica e tecnolóxica usuaria do centro.
O novo equipamento, co-financiado con fondos FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), foi adquirido á multinacional tecnolóxica Fujitsu e producido polos actuais líderes mundiais en almacenamento de datos, NetApp, e supuxo un investimento de 500.000 euros.
O equipo atópase neste momento na fase final de configuración e probas e entrará a prestar servizo para a comunidade usuaria a principios do vindeiro mes de decembro. Neste sentido, permitirá a investigadores de institucións e empresas explotar de maneira máis eficiente os inxentes conxuntos de datos cos que traballan, xa que poderán acceder, procesar, manexar, explorar, ou comparar maiores cantidades de datos a grande velocidade. Para facernos unha idea da importancia destas novidades, só ao longo deste ano CESGA rexistrou máis de 50 grupos de usuarios traballando de maneira intensiva con grandes volumes de datos.
cesga_estancia.jpgEntre as entidades que se beneficiarán deste sistema atopamos á Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, dependente do SERGAS e dirixida por Ángel Carracedo, que precisa ampliar as súas capacidades de traballo con datos para dar resposta ás crecentes demandas impostas polos avances en medicina personalizada.
O servizo de predición meteorolóxica galego, MeteoGalicia, ou o servizo europeo de predicións de estado do mar, Copernicus, liderado en España por Puertos del Estado, tamén se atopan entre as entidades que demandan capacidade para poder incrementar a resolución dos seus modelos e poder así mellorar a fiabilidade das súas predicións.
Investigadores galegos que participan na redacción dos informes do Panel Intergubernamental de Cambio Climático, como Juan Añel da Universidade de Vigo, precisan igualmente manexar con axilidade maiores conxuntos de datos para testar e interrogar axeitadamente os modelos cos que traballan.
Pequenas empresas que medran a gran ritmo e que traballan na punta de lanza da innovación en Galicia, como a coruñesa Health in Code, especializada en prover servizos de xenética médica, tamén demandan un acceso flexible a recursos especiais para seren quen de responder a picos de traballo.
Por outra banda, os centros do Instituto Español de Oceanografía (IEO) en Galicia contan con grupos de investigación que fan uso de complexos modelos oceanográficos nos que incorporan parámetros físicos e bioxeoquímicos para determinar o estado e predicir as dinámicas dos recursos mariños.
A maiores, grupos adicados a seguridade alimentaria e a mellora xenética animal e forestal do Instituto Nacional de Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA) esperan dispor de servizos como os que fornecerá o CESGA con esta infraestrutura para acelerar a súa produción de resultados.
De igual xeito, as novidades tecnolóxicas introducidas darán azos a proxectos de centros tecnolóxicos e de empresas da contorna de tres clústeres en Galicia; o Clúster Tecnolóxico Empresarial de Ciencias da Vida (Bioga), o Clúster Audiovisual Galego (CLAG), e o Clúster TIC Galicia.
O CESGA
O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) depende da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). É un organismo cunha traxectoria de 24 anos. O seu obxecto é investigar, fomentar, difundir e prestar servizos de cálculo intensivo, almacenamento e comunicacións avanzadas ás comunidades investigadoras galega e do CSIC, así como a empresas e institucións. Como nodo da Rede Española de Supercomputación, o Centro é recoñecido como Infraestrutura Científico Técnica Singular do Estado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?