Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG celebra en Santiago, cun evento participativo, os seus dez anos de andaina
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG celebra en Santiago, cun evento participativo, os seus dez anos de andaina

Redacción
Publicado: 29/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O Centro ABANCA Obra Social na praza de Cervantes, en Santiago
O Centro ABANCA Obra Social na praza de Cervantes, en Santiago
Se ben o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén organizando ao longo deste ano múltiples eventos encadrados na conmemoración do seu décimo aniversario, é o vindeiro 15 de decembro cando oficialmente se cumpre a primeira década de vida da entidade profesional galega, xa que é a data na que formalmente foi creada. Para celebralo, este 30 de novembro o CPEIG convoca un evento participativo en Santiago. Ao abeiro desta xuntanza, rememorase cada ano de vida e cada achega tecnolóxica desta primeira década de andaina do CPEIG, unha década de traballo incansable a prol do desenvolvemento da nosa terra e da profesión informática que, estamos seguros, será a primeira de moitas.
O encontro terá lugar a partir das 19.00 horas no salón de actos do Centro ABANCA Obra Social, sito na Praza de Cervantes de Santiago de Compostela. Asociacións, empresariado e cargos institucionais xa confirmaron a súa asistencia ao acto, no que acompañarán ás colexiadas e colexiados.
cpeig_dez_anos-2.jpgComo dixemos ao comezo, baixo o lema 10 anos conectad@s o CPEIG leva organizadas ao longo de 2017 unha serie de actividades e actos dirixidos a celebrar a efeméride. O evento deste xoves será a culminación desas conmemoracións e estará conducido polo divulgador científico Manuel Vicente. Intervirán, por parte do CPEIG, Fernando Suárez, presidente, e Pilar Vila, vogal. A directora da Axencia para a Modernización de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, pechará o encontro cunhas palabras.
No decurso do acto, darase conta dos fitos tecnolóxicos e informáticos acontecidos desde 2007 ata os nosos días, “desde unha dimensión galega e internacional, así como desde o punto de vista do ente colexial”. O presentador interpelará a varias persoas dos presentes para tecer unha pequena historia deses dez anos que marcan o comezo e madureza do CPEIG.
Participantes
Deste xeito, tamén participarán: Carlos Rodríguez, presidente da Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL); Miguel Quelle, director de RETEGAL; Frankie Gomez, responsable de Lacon Network; Fernando Prieto, da empresa Gato Salvaje; Manuel González, presidente de Puntogal; Manuel Meijide, director de Mundos Dixitais; Íñigo Cuíñas, director da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo; Javier García Tobío, director xerente do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e tamén vogal do CPEIG; e José Ramón Méndez, profesor da Escola Universitaria de Deseño Industrial da UDC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?