Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC lanza unha app para identificar e corrixir colectivamente os seus elementos non accesibles
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC lanza unha app para identificar e corrixir colectivamente os seus elementos non accesibles

Redacción
Publicado: 30/11/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

adapptausc_presentacion.jpgA Universidade de Santiago quere ser accesible ao cen por cen, e quere facelo, ademais, coa axuda e coa participación da súa comunidade e dos usuarios das súas infraestruturas. Por esta razón, a institución educativa desenvolveu e lanzou a ferramenta AdappTAUSC, unha aplicación móbil gratuíta e deseñada co obxectivo de identificar colectivamente as infraestruturas e servizos con necesidades de adaptación nos campus. A iniciativa, que vén da man do Grupo de Estudos sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade (GREDDIS), busca que os usuarios con necesidades especiais se convertan “en suxeitos activos na busca de solucións e na mellora do proceso de adaptación das infraestruturas da universidade compostelá”.
Segundo informaron onte os responsables do lanzamento, ADappTAUSC é un software pioneiro e innovador que marca un antes e un despois nas estratexias institucionais por derrubar atrancos e recoñecer diversidades, sobre todo polas súas implicacións tecnolóxicas. De feito, permite marcar os elementos do equipamento dos campus con foto xeolocalizada e comentar ese lugares concretos, tanto “polo seu valor positivo como negativo”. O reitor Juan Viaño salientou as posibilidades que abre esta ferramenta para permitir que se cruce unha liña concreta: a que separa a titorización de persoas con problemas de mobilidade, por unha banda, da acción directa da man destes colectivos, pola outra. Estes colectivos, salientou, son pois os encargados do pilotaxe do proxecto.
Viaño estivo acompañado na rolda cos medios polo conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, a presentación celebrouse nun acto na sala de xuntas da Facultade de Dereito á que tamén asistiron o co coordinador do Grupo Greddis, José Julio Fernández; e a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez.
Funcionamento
Unha vez instalada a aplicación no móbil, o usuario poderá sinalizar aqueles espazos ou accesos da USC non adaptados a través dunha fotografía nun mapa, así como aqueles outros que representan unha mostra de boas prácticas en materia de adaptación ou accesibilidade. Segundo se fixo saber na presentación, nos dous casos, a través dun código de sinais en vermello ou verde (segundo sexa un lugar adaptando ou non), o usuario poderán ademais engadir un comentario que describa de xeito breve o problema detectado ou o carácter positivo da adaptación atopada.
A finalidade de ADappTAUSC é “elaborar unha auditoría ou informe que poña en coñecemento da administración as posibles deficiencias así como as iniciativas positivas no eido da accesibilidade sen barreiras”.
Como dixemos, esta nova aplicación é unha iniciativa do Grupo de Estudo sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade (GREDDIS), grupo multidisciplinar que nace na procura de xuntar vieiros de inclusión deste colectivo na ensinanza universitaria. Foi constituído en xullo de 2017 grazas á financiación do Consello Social da USC e está coordinado polos profesores da Facultade de Dereito José Julio Fernández Rodríguez e Luz Mª Ruibal Pereira.
Entre as iniciativas levadas a cabo por GREDDIS figuran a elaboración dun informe dirixido á Xunta sobre a necesidade de artellar novas accións para a atención ás persoas con diversidades funcionais (con especial atención ás solucións da tecnoloxía dixital) e o desenvolvemento dun estudo para coñecer a situación da adaptabilidade da USC a través dunha enquisa en liña, á que agora se suma ADappTAUSC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?