Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cátedra Deloitte da UVigo premia o traballo ben feito en ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cátedra Deloitte da UVigo premia o traballo ben feito en ciberseguridade

Redacción
Publicado: 04/12/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_catedra_deloitte_premios_primeiros_ciberseguridade.jpgA Cátedra Deloitte de Ciberseguridade da Universidade de Vigo, creada hai un ano para achegar formación e análise arredor dos principais riscos da comunicación dixital e as ameazas que nos chegan a través destas canles, deu a coñecer a semana pasada os nomes dos alumnos recoñecidos ao abeiro da primeira convocatoria dos seus premios. Os responsables da cátedra entregaron un total de sete galardóns. A entrega de distincións, con contías que oscilaron entre os 500 e os 1.000 euros, tivo lugar na sala de xuntas da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. No acto, os directores da cátedra (Íñigo Cuiñas, director da dita escola do Campus de Vigo, e Rubén Frieiro, socio de Deloitte encargado da área de Ciberseguridade) aproveitaron para felicitar ao alumnado distinguido e para facer balance deste primeiro ano de vida desta iniciativa.
Na sesión tamén se fixo un chamamento a a prol de iniciativas que fomenten e incentiven o papel da muller nas carreiras científico-técnicas, “pois de non conseguilo estamos a perder, cando menos, o 50% de todo o potencial de talento TIC, incluídos os temas de ciberseguridade”, sinalaron Cuiñas e Frieiro.
O Premio ao Mellor Traballo Fin de Mestrado foi dar a mans de Pablo Domínguez, quen sinalou que a súa investigación céntrase na Internet das Cousas e consistiu no desenvolvemento e na validación dun protocolo de cifrado de mensaxes en dispositivos con poucos recursos, empregando diferentes procesos de simulación. Domínguez recolleu o premio acompañado do seu titor, o profesor Manuel Fernández Veiga.
O Premio ao Mellor Traballo Fin de Grao foi para Pedro Tubío por un estudo e desenvolvemento dunha metodoloxía de análise de riscos empregando algoritmos de predición abertos similares a Cortana. “Trátase de intentar detectar cando hai unha ameaza e facelo antes de que aconteza”, explicou o alumno, que recolleu o premio acompañado pola profesora Cristina López Bravo.
Polo que atinxe ao Premio ao Mellor Proxecto con Impacto Social, recaeu en Alberto José Novoa por un traballo no que se desenvolven ferramentas para medir a temperatura no perímetro de zonas afectadas por incendios forestais e unha avaliación da súa utilidade para a prevención de posibles reproducións.
A maiores destes premios recoñecéronse tamén as mellores propostas de traballo, “coa idea de que se propoñan máis ideas para este ano”, tal e como recalcou Íñigo Cuiñas. Os premiados neste caso foron os alumnos Vlad Dragos Darau e Samuel Rodríguez, estudante da Escola de Enxeñaría Informática, que non puido asistir por atoparse fóra do país, recollendo o seu premio o director da escola Francisco Javier Rodríguez. Os premios de creación e deseño da web recaeron ambos no estudante José Manuel Mariñas Bascoy.
Con respecto ao balance da cátedra para 2017, Íñigo Cuiñas salientou a realización de múltiples conferencias e obradoiros que correron a cargo de profesionais “de recoñecido prestixio”; a realización dun curso complementario sobre ciberseguridade ao que asistiron 28 persoas e a adquisición de equipamento para a realización dun obradoiro sobre ciberseguridade en procesos automatizados que se realizará en 2018. A todo isto, engadiu a relevancia dos traballos de preparación do Máster en Ciberseguridade que comezará a impartirse o curso que vén en colaboración coa Facultade de Informática da Universidade de Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?