Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ABANCA lanza web para impulsar a reforestación en zonas afectadas polo lume
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ABANCA lanza web para impulsar a reforestación en zonas afectadas polo lume

Redacción
Publicado: 04/12/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

abanca_arbore_regalo_agasallo_presentacion.jpgABANCA quere contribuír á recuperación dos montes arrasados polos lumes durante o pasado mes de outubro. Por este motivo vén de pór en marcha unha campaña de reforestación que terá dúas vertentes de desenvolvemento complementarias: por unha banda nas oficinas da entidade na nosa xeografía e, pola outra, a través da web www.unhanovaarbore.com. Mediante esta iniciativa vanse recadar fondos e axudar á reforestación do monte galego afectado pola catástrofe ambiental deste outono. A previsión, co impulso desta campaña, é plantar 4.608 árbores, unha por cada empregado. A medida é de facto unha campaña de Nadal, pero con vertente claramente solidaria e de responsabilidade medioambiental.
Segundo informou a entidade galega, a partir deste 7 de decembro, a cidadanía poderá sumarse a esta iniciativa e colaborar con 10 euros, a cambio ABANCA entregará un agasallo solidario, Unha árbore nova. O regalo contén un tronco de cartón reciclado co que se pretende simbolizar que este ano a árbore de Nadal está onde ten que estar: nas forestas galegas. Co diñeiro recadado, a entidade financeira, a través do seu programa de voluntariado corporativo, realizará tarefas de reforestación nas zonas afectadas polos incendios en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat.
A iniciativa foi dada a coñecer hoxe polo director de Marketing, Intelixencia e Dixital de ABANCA, Jorge Mahía. Segundo fixo saber, a iniciativa estará presente en todas as sucursais do banco en Galicia e o presente solidario tamén se poderá conseguir a través da web www.unhanovaarbore.com e recibilo en casa. Unha árbore nova irá acompañado dun folleto explicativo coas distintas accións que se irán pondo en marcha para reforestar o monte queimado. Ademais, todas as persoas que axuden cunha árbore e queiran saber que se fará con ela, poden deixar o seu correo electrónico e iránselles contando todas as iniciativas que de maneira progresiva acompañarán este plan.
As tarefas de replantación das árbores iniciaranse a partir de marzo de 2018. Os empregados da entidade que forman parte do programa de voluntariado corporativo de ABANCA serán os encargados de plantar, en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, as árbores que se adquiran.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?