Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Gaiás deu acubillo á edición de despedida de TEDxGalicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Gaiás deu acubillo á edición de despedida de TEDxGalicia

Redacción
Publicado: 04/12/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

tedxgalicia_img_5953.jpgEste sábado celebrouse na Cidade da Cultura a derradeira edición do TEDxGalicia, un evento que se despide logo de ter xuntado, nas súas anteriores convocatorias itinerantes, milleiros de profesionais da “innovación máis innovadora”, as novas tecnoloxías, os formatos artísticos emerxentes e as máis avanzadas metodoloxías de traballo cooperativo (as plataformas de micromecenado, o movemento Maker, etc). A ultima entrega de TEDxGalicia celebrouse novamente (por terceira vez) na Cidade da Cultura e baixo o lema Ultreia, o histórico saúdo peregrino que, no caso concreto desta xornada, foi empregado para facer un chamamento a ollarmos cara a adiante, tanto en innovación relativa a propostas, servizos e produtos, como nos xeitos de traballar adoptados.
No evento participaron case media ducia de relatores compartindo achegas sobre a ciencia, o ilusionismo, o mundo do viño, o arte de contar historias, as tendencias sociais, as comunidades en liña, a música infantil ou o xornalismo; charlas todas desenvolvidas baixo o formato TED, cunha duración máxima de 18 minutos e caracterizadas pola capacidade para trasladaren mensaxes que, en palabras dos impulsores do evento, “inspirasen cambios na audiencia”.
tedxgalicia_img_6167.jpgEsta convocatoria obtivo de novo “unha acollida excepcional por parte do público”, con todas as entradas esgotadas desde hai semanas. Os preto de cincocentos asistentes gozaron dunha edición na que, na quenda da mañá, participaron, entre outros, a cantante Uxía Senlle, presentando o proxecto de música infantil María Fumaça; o gaiteiro Anxo Suárez, descubrindo ao público as posibilidades da gaita en estilos musicais menos tradicionais; e o biólogo Xurxo Mariño, relatando a súa experiencia na descuberta de extraordinarios patróns científicos na súa volta ao mundo.
tedxgalicia_img_6106.jpgXunto a eles, o público escoitou a Marta Álvarez, responsable da cooperativa Muuhlloa, que elabora produtos de cosmética cen por cen galegos realizados a partir de leite ecolóxico; a investigadora e divulgadora Deborah García, autora do libro Todo é cuestión de química e coordinadora das xornadas de ciencia, tecnoloxía e arte no Museo Guggenheim de Bilbao; a viticultora Silvia Prieto, o filólogo Nel Vidal, o fotógrafo Xaime Cortizo ou o xeógrafo e o arquitecto Francisco García e Manuel Bugallo. Nas charlas tamén participaron, pola tarde, o ilusionista Pedro Volta, a contacontos Sole Felloza, a xornalista Raquel Rosa, o experto en redes sociais Javier Varela, o emprendedor Miguel Silva, o deseñador e desenvolvedor web Iñaqui Quenerapú, a especialista en tendencias sociais Silvia Fraga, a empresaria Tatiana López (conselleira delegada de Nanogap) ou da cantante Marina Gundín.
Como é habitual, todas as charlas TEDxGalicia estarán dispoñibles nos vindeiros días na súa canle de Youtube, contribuíndo a través das redes sociais a multiplicar a difusión destas ideas.

tedxgalicia_img_6307.jpg

A orixe deste tipo de xuntanzas

O TEDxGalicia segue o modelo do TED, organización de alcance global, non lucrativa dedicada á difusión de ideas en forma de charlas curtas e nas que teñen participado como Bill Clinton, Bill Gates, Jane Goodall, Frank Gehry, Paul Simon, Sir Richard Branson, Philippe Starck ou Bono.
TED comezou en 1984 como unha conferencia na que converxeron Tecnoloxía, Entretemento e Deseño e hoxe en día abrangue case todos os temas (desde a ciencia aos negocios ou os problemas globais) en máis de cen idiomas. De maneira ás conferencias TED, teñen lugar os eventos TEDx co obxectivo de poder compartir estas ideas en todo o mundo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?