Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo bota man das redes para impulsar as compras no comercio local este Nadal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo bota man das redes para impulsar as compras no comercio local este Nadal

Redacción
Publicado: 05/12/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_lugo_merca_e_gana.jpgA Deputación, o Concello e a Federación de Comercio de Lugo presentaron hoxe a campaña Merca e Gaña polo Nadal, destinada a fomentar que a cidadanía opte polos establecementos locais, de proximidade, para as súas compras deste remate de ano e comezos do vindeiro. Na presentación da iniciativa, na que tamén participou ABANCA, fíxose fincapé nas diferentes facianas comunicativas da campaña de sensibilización, que se vai materializar a través de distintos soportes promocionais, sendo a páxina web www.nadalmercaegana.com un dos principais referentes. A iniciativa está a ser promovida pola Deputación a través de todos os colectivos que integran a Federación de Comercio de Lugo, e coa que colabora o Concello na capital. O obxectivo? Promover as compras nos máis de 5.500 establecementos de toda a provincia. Haberá premios de ata 10.000 euros para reinvestir nos comercios.
Merca e Gaña polo Nadal desenvolverase dende o 6 de decembro ao 6 de xaneiro. Durante estas datas, ademais de incentivar as compras no comercio local con contidos de promoción nas rúas dos 67 concellos ou en redes sociais co cancelo #nadalmercaegaña; as persoas que merquen en calquera dos establecementos da provincia poderán participar no sorteo de 20 cartóns agasallo de 300 euros e 20 tarxetas máis de 200 euros. Para isto, débese fotografar o tícket da compra e rexistralo en www.nadalmercaegana.com, ou solicitar o seu rexistro ao comerciante. O sorteo ante notario será o 12 de xaneiro. Para máis información, na presentación da campaña recomendouse facer seguimento da mesma a través de www.nadalmercaegana.com e nas redes sociais.
O deputado Álvaro Santos Ramos, presente na cita de hoxe, salientou que “as compras polo Nadal supoñen entre o 25% e o 30% do total das vendas anuais do comercio, sendo unhas datas prioritarias para este sector”. Con esta campaña, engadiu, “queremos contribuír ao impulso dos máis de 5.500 establecementos dos 67 Concellos, que dan emprego a 12.500 lucenses e que representan o 13% do PIB da provincia”. E apuntou: “Queremos concienciar á cidadanía da importancia de mercar no comercio de proximidade e trasladar que mercando nos establecementos da nosa provincia gañamos todos”.
Pola súa banda, a concelleira Ana Prieto Nieto explicou que o Goberno local tamén colabora co desenvolvemento desta campaña na capital, onde participarán os 700 establecementos existentes, que dan emprego a 1.750 persoas.
A maiores, o presidente da Federación Galega de Comercio, José Seijas López, subliñou que “o obxectivo fundamental desta campaña é encher de Nadal a provincia de Lugo e crear ese ambiente festivo e alegre propio destas datas fomentando as compras”. E engadiu: “Con esta iniciativa apostamos por incentivar o uso das novas tecnoloxías, tanto por parte dos consumidores como dos comerciantes, pois temos claro que a dixitalización do comercio é o presente, un paso obrigado”

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?