Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea celebrou en familia os seus 15 anos de andaina
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea celebrou en familia os seus 15 anos de andaina

Redacción
Publicado: 05/12/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

equipo_balidea_15aniversario.jpgA firma compostelá Balidea, un dos nosos máximos referentes TIC (por produtos, por innovación, por presenza en mercados), festexou o pasado venres os seus 15 anos de traxectoria no sector tecnolóxico-dixital galego. O encontro, celebrado no Pazo do Faramello (Rois), xuntou a práctica totalidade dos/as 180 profesionais que conforman a empresa, procedentes da sede compostelá e das sedes de Bilbao, A Coruña, Ourense e Vigo. O director xeral de Balidea, Lorenzo Rodríguez, lembrou o camiño percorrido pola compañía: “Nestes 15 anos conseguimos grandes logros dos que temos que estar orgullosos. Non sempre foi doado, pero creo que podemos mirar con orgullo todo o traballo feito”.
Asemade, Lorenzo Rodríguez salientou as importantes contribucións da súa equipa humana: “Balidea é unha empresa creada coa finalidade de prover solucións de calidade e para iso tiñamos claro que precisabamos dos mellores profesionais”. Na celebración rendéuselles homenaxe aos 15 empregados e empregadas máis veteranos/as coa entrega dun detalle conmemorativo.
Fitos, achados e plans de futuro
Balidea comezou o seu percorrido en xuño de 2002 como software factory coa finalidade de incorporar as tecnoloxías da información ao ámbito da administración pública, no que se especializou. Hoxe é unha empresa de servizos TI que ofrece software e, ademais, consultoría e desenvolvemento, I+D+i, soporte e infraestruturas de telecomunicacións. A empresa de Santiago, como temos sinalado en múltiples ocasións dende Código Cero, non só ten presenza en Galicia, senón tamén en Euskadi, en Cataluña, en Dinamarca e no Reino Unido. lorenzo_rodriguez_balidea_15aniversario_2.jpg
Segundo sinala a propia compañía con motivo da celebración dos seus tres lustros de andaina, a súa aposta cara ao futuro artéllase en tres eixes: a potenciación da innovación, para crear produto; a continuación da internacionalización, iniciada en Europa en 2013; e a ampliación do seu enfoque ao sector privado, no que xa incrementou a súa presenza, de xeito que actualmente constitúe o 30 % da súa facturación.
Nestes anos, Balidea levou a cabo proxectos con diversos clientes, en varios sectores (con especial fincapé na saúde) e en distintas comunidades autónomas, como Galicia, Asturias, Cantabria, Aragón, Madrid, Andalucía e Baleares.
No eido internacional, a empresa destaca os proxectos efectuados para a Axencia Danesa de Enerxía, a European Fisheries Control Agency (EFCA) da Comisión Europea ou as Nacións Unidas (ONU); Balidea é dunha das escasas compañías españolas provedora de servizos TIC para esta organización.

Lorenzo Rodríguez, director xeral de Balidea
Lorenzo Rodríguez, director xeral de Balidea
Froito dos proxectos de Balidea, desenvólvense aplicacións e plataformas coma PREBENCAR, para a prevención de problemas cardiovasculares; UnderstAID, para a prestación de asistencia a persoas que coidan de pacientes con demencia senil; a Rede de Escolas na Nube, para compartir experiencias e materiais entre centros; Energystyrelsen, para efectuar o cálculo do investimento, o custo e o aforro enerxético dos sistemas de calefacción eficientes; ou SIGUE, para facilitar a localización en interiores de pacientes en espazos hospitalarios.
A incorporación máis recente a esta carteira de produtos é ADESTRapp, unha tecnoloxía para a análise en tempo real de vídeo deportivo en competición e adestramento que se está a utilizar por parte de equipos de máximo nivel, coma o Atlético de Madrid, o Celta de Vigo, o RC Deportivo, o PSG, o Málaga ou o Obradoiro, e en ligas da Arxentina, México, Dinamarca, Dubái ou China.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?