Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster Turismo de Galicia redobra esforzos para impulsar a dixitalización das firmas do sector
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster Turismo de Galicia redobra esforzos para impulsar a dixitalización das firmas do sector

Redacción
Publicado: 05/12/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

mesa_redonda_manana.jpgO Clúster Turismo de Galicia está a facer un esforzo especial para incrementar a presenza das novas tecnoloxías entre as súas empresas integrantes, con vistas a que estas poidan, a curto e medio prazo, tirar o máximo proveito das principais vantaxes que aquelas poñen en xogo (meirande presenza no mundo, ampliación de mercado, mellora de servizos e de xestión, optimización de actividade grazas á comunicación xerada cos clientes reais e potenciais, máis eficiencia e competitividade etc). Este importante traballo materialízase a través de varias frontes. Por exemplo mediante accións de debate e divulgación e encontros empresariais .
Nesta liña insírese os Encontros Clúster Turismo de Galicia, cuxa máis recente edición desenvolveuse no mes de maio
, incluíndo relatorios e mesas redondas para, entre outras cousas, abordar os retos e oportunidades que se lle presenta ao sector turístico galego co horizonte 2020 (cuestións coma o impacto turístico e as oportunidades que xeran os eventos deportivos e culturais, o desenvolvemento do turismo enogastronómico e termal ou os avances tecnolóxicos que ofrecen novas oportunidades de xestión e modernización para os establecementos turísticos). Nun plano máis concreto, na última edición dos Encontros participaron -dando a coñecer as ditas oportunidades e vantaxes- as empresas Amadeus, Nextel, Globaldit ou mesmo a plataforma AirBnB.
xornada_sanxenxo.jpg Outra das actividades TIC do Clúster celebradas recentemente foi o Encontro Profesional de Innovación e Novas Tecnoloxías, que se celebrou en Sanxenxo (Real Club Náutico) coa colaboración da Deputación de Pontevedra, e contando coa presenza dun centenar de empresas turísticas, provedores dixitais e profesionais do sector interesados en coñecer os cambios que se están a producir neste ámbito produtivo a nivel global. Na xornada, que incluíu relatorios e mesas redondas, mostrouse o potencial de cuestións como o traballo cooperativo para mellorar os servizos que se ofertan aos turistas ou a información a gran escala (Big Data) e a Internet das Cousas (extraendo do inxente coñecemento xerado cada día datos de valor para mellorar a eficacia, o rendemento e a capacidade de resposta das nosas empresas). Participaron empresas como R (comunicación e conectividade), Bismart (información a gran escala), Made in Mobil (Internet das Cousas), Knowdle (software de intelixencia colectiva), PastView (realidade virtual), Brandmaniac (mercadotecnia a través da figura dos influencers), Nani Arenas (consultoría turística) ou More Turismo Internacional. Asemade, na xornada amosáronse as vantaxes de proxectos e programas como SmartPEME da Deputación de Pontevedra, iniciativa para capacitar dixitalmente aos autónomos, PEME e traballadores da provincia (a través de actividades nas sedes de Pontevedra, Vigo, Porriño, Ponteareas, Cambados e Lalín). Asemade, nas sesións participou o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González, quen sinalou que a transformación dixital é unha realidade á que cómpre adaptarse, “unha realidade que se acelerou nos últimos anos e que supón un reto para o sector turístico galego pero tamén nos abre infinitas posibilidades para competir nun mercado global”. González, durante a apertura da xornada, salientou que o novo turista “aprecia máis a calidade de conexión do Wi-Fi ca un bo almorzo, e iso témolo que ter en conta”.
xornada_cluster_turismo.jpg Plan de Formación
O Clúster de Turismo de Galicia (CTG) desenvolveu esta tempada de outono, co apoio de IFFE Business School (no marco do convenio de colaboración subscrito coa Axencia de Turismo de Galicia) a terceira edición do seu Plan de Formación. O programa compúxose dun total de 34 accións desenvolvidas en 14 localidades galegas das catro provincias, co obxectivo de ofrecer “unha formación de alto valor engadido e de carácter gratuíto”, especialmente dirixida a mellorar as capacidades e habilidades de directivos, emprendedores e profesionais do sector turístico galego. A terceira edición do plan formativo, en palabras do secretario do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, constituíu “unha forte aposta do Clúster Turismo de Galicia pola formación e a profesionalización no noso sector, ao que queremos dotar de ferramentas que o fagan máis forte e competitivo”. As accións beneficiarion a case medio milleiro de profesionais do sector.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?