Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ESEI de Ourense e Expourense convocan nova edición do Concurso de Proxectos Tecnolóxicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ESEI de Ourense e Expourense convocan nova edición do Concurso de Proxectos Tecnolóxicos

Redacción
Publicado: 11/12/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_esei_ourense.jpgA Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense e Expourense veñen de pór en marcha unha nova convocatoria do seu certame conxunto dirixido a recoñecer a excelencia e o bo facer dos estudantes de ambas beiras da raia galego-portuguesa. Estamos a falar do Concurso de Proxectos Tecnolóxicos, edición 17, que ten por obxectivo “premiar os mellores traballos fin de estudos en informática e telecomunicación da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”. A iniciativa, unha ponte firme entre os campus e as empresas (levando potencial tecnolóxico dunha beira a outra), busca tamén “estimular a capacidade innovadora do alumnado para desenvolver proxectos cunha visión empresarial”. Nesta edición entregarase un total de 1.400 euros en galardóns.
Segundo informa a Universidade de Vigo (Campus de Ourense), o certame vén con dúas modalidades. A Modalidade A é para títulos en Enxeñaría en Informática, Enxeñaría de Telecomunicación e traballos de fin de mestrado de mestrados oficiais relacionados co eido das TIC. A Modalidade B é para títulos de Grao en Enxeñaría Informática, Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, Enxeñaría Técnica en Informática e Enxeñaría Técnica de Telecomunicación.
En cada categoría concederase un primeiro e un segundo premio, entregándose un total de 1.000 euros. Ademais, haberá un Premio Especial Deputación de Ourense-Provincia Intelixente dotado con 400 euros no que poderá participar alumnado das dúas modalidades. Por último, haberá un Premio do Público, consistente nunha estancia termal/turismo rural ou nun e-reader para o proxecto que consiga máis seguidores para a súa páxina informativa en Facebook.
Un xurado designado para a ocasión concederá os premios tendo en conta a calidade do proxecto (orixinalidade, dificultade e aplicabilidade social), se existe desenvolvemento de software libre e a súa aplicabilidade no eido da administración pública na súa relación cos cidadáns. O xurado reunirase o 13 de decembro de 2017 na Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense nunha sesión na que os seleccionados nunha primeira valoración terán a oportunidade de expor os seus traballos. Tras esa exposición, coñeceranse os traballos gañadores desta edición e realizarase a entrega de premios e diplomas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?