O portal da Xunta activou nos pasados días o soporte técnico eServizos para axudar aos cidadáns nas súas xestións online a través da sede electrónica e no uso de Chave 365, notifica.gal e a sala de sinaturas. Está dispoñible a través do espazo eServizos de xunta.gal e ofrece asistencia en liña, guiando a usuario en función das súas dúbidas; manuais de axudas e respostas a preguntas frecuentes, así como avisos en caso de interrupción destes catro servizos da Administración electrónica.
Con esta nova canle de axuda en liña búscase facilitar o uso destes servizos dixitais, cuxa porta de entrada é xunta.gal. O portal autonómico ten unha media anual de 6 millóns de visitas, das que máis do 18% proceden xa de redes sociais e máis dun 43% se realizan a través de dispositivos móbiles.
Actualmente, o catálogo de portais e redes sociais da Xunta suma a día de hoxe 250 sitios web e 287 canles en redes sociais, que contan con máis de 1,3 millóns de seguidores.
Nova canle de axuda para facilitar o uso dos principais servizos de eAdministración da Xunta
Compartir Este Artigo

