Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña, a cidade que estaría máis favor do coche autónomo no ámbito estatal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña, a cidade que estaría máis favor do coche autónomo no ámbito estatal

Redacción
Publicado: 12/12/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

coche_autonomo_apple.jpgA semana pasada publicouse un estudo (a cuarta Radiografía dos Hábitos de Mobilidade dos Españois realizada polo Foro de Mobilidade de Alphabet) que sitúa a cidadanía da Coruña como a máis proclive ao emprego do automóbil autónomo. De feito, case a metade dos coruñeses estarían a favor do emprego e espallamento do coche smart (o 46%, oito puntos por riba da media estatal, que é do 38%) e arredor dun terzo considera que o vehículo eléctrico é “a solución ideal de mobilidade persoal na cidade”, o que representa a cifra máis alta de España, cun 67%. Practicamente a totalidade dos habitantes do concello recoñeceu estar disposto a empregar o vehículo autónomo de contado.
Por outra banda, e como complemento doutras medidas análogas a prol da sustentabilidade e o medio ambiente, máis da metade da poboación da Coruña estaría a favor de restrinxir o acceso ao centro dalgunha maneira. Outras das medidas con maior respaldo serían crear zonas peonís en rúas céntricas (39%) ou aumentar os carrís bici (48%).
O estudo tamén revela datos interesantes sobre o uso de novas tecnoloxías en mobilidade, mostrando a faciana máis positiva (navegadores para tránsitos seguros e sustentables, aplicacións que nos axudan atopar destinos e a aparcar) e, tamén, a máis negativa da cuestión (uso de servizos de mensaxes instantáneas durante o desprazamento). Segundo se desprende da investigación, o emprego de móbil ou smartphone ao volante, a nivel estatal, subiu de maneira considerable respecto de 2016, pasando do 30% ao 42%. No caso dos coruñeses, o 42% recoñece facelo fronte ao 28% que afirmaba ter este hábito o ano pasado. No lado negativo, o 8% recoñece utilizalo sen mans libres, por exemplo para escribir mensaxes instantáneas (WhatsApp) ou consultar e responder correos electrónicos. Por outra banda, o 67% dos condutores da cidade galega utilizan aplicacións móbiles para evitar atoamentos, aforrar combustible ou aumentar a súa seguridade).
Pero as aplicacións móbiles tamén son útiles para xestionar a mobilidade, así o confirma o 44% dos coruñeses que os utilizan, máis alto que a media nacional cun 32%. A do autobús é a máis utilizada polos habitantes da cidade galega, cun 86,5%.
Se falamos de compartir coche, un 45% afirma facelo nalgunha ocasión, un dato máis elevado con respecto ao ano pasado, que obtivo un 41%. De feito, as modalidades máis populares son compartir coche entre amigos e familiares, seguido de opcións como BlaBlaCar cun 29%.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?