Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O sector TIC galego rexistra o maior volume de negocio desde 2011
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O sector TIC galego rexistra o maior volume de negocio desde 2011

Redacción
Publicado: 12/12/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20171212_resumo_executivo_empresas_tic_2017_v1-1.jpgO número de empresas do sector TIC de Galicia acadou a cifra de 2.437, fronte ás 2.331 do ano anterior, o que representa un crecemento do 4,5% segundo datos que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), dentro do Diagnóstico ás Empresas TIC sobre a Sociedade da Información en Galicia. Edición 2017, que tamén indica que o sector TIC galego deu emprego a 16.098 traballadores en 2016, o que supón un incremento do 2,6% no último ano.
O crecemento no volume de empresas TIC prodúcese, especialmente, nas empresas máis pequenas, o que pon de manifesto á tendencia ao emprendemento neste sector. Así, o 83,6% das empresas TIC galegas ten un máximo de dous empregados, 89 empresas máis que o ano anterior neste segmento empresarial.
O volume de negocio das empresas TIC galegas acadou os 2.522 millóns de euros no ano 2016, cun aumento do 2,8% con respecto ao ano 2015, e a cifra máis alta rexistrada desde 2011. En relación ao peso do sector na economía galega, o estudo do OSIMGA indica que o valor engadido bruto (VEB) do sector TIC galego en 2014 superou os 1.015 millóns de euros, o 1,8% do PIB total de Galicia.
20171212_resumo_executivo_empresas_tic_2017_v1-6.jpgPor outra banda, a porcentaxe de empresas do sector TIC galego que realizaron actividades de I+D+i durante os últimos 3 anos incrementouse en 4,1 puntos respecto ao dato do ano anterior, pasando dun 25,9% a un 31%. Entre as empresas TIC que realizaron actividades I+D+i, un 72,2% obtivo resultados comercializables. Cabe salientar que que o 18,4% das empresas TIC galegas colaboraron con outras empresas para realizar actividades de innovación.
O estudo pon de manifesto as dificultades que as empresas TIC galegas experimentan á hora de contratar profesionais TIC cos coñecementos e experiencia de interese para a súa organización. Máis da metade das empresas TIC (51%) sinala que é difícil ou moi difícil contratar persoal con formación específica en TIC, especialmente pola carencia de candidatos coa formación precisa.
Novamente increméntase a velocidade de conexión a Internet que teñen contratadas as empresas TIC galegas, de xeito que máis da metade (51%) posúe xa velocidades superiores a 100 Mbps fronte ao 38,3% no ano 2016.
Séguese a reafirmar o uso de servizos de tecnoloxías Cloud, acadando o 43,9% e aumentando respecto ao ano 2016 en 1,7 puntos. O crecemento total no período 2013-2017 foi de 10,9 puntos porcentuais. O software entendido como Servizo (SaaS), tales como Google Apps Bussiness, Office 365, SalesForce.com, Dropbox, etc é o que máis empregan as empresas TIC galegas.
Outra tendencia que se extrae do estudo do OSIMGA é o desenvolvemento de software para plataformas móbiles: Un 28,9% das empresas TIC ofreceron desenvolvementos específicos de software para plataformas móbiles. Entre estas empresas TIC aumenta a cifra de negocio xerada por estes desenvolvementos, acadando o 22,8% do volume de negocio total destas empresas, 3,7 puntos máis que no ano anterior.
A presenza en redes sociais segue a incrementarse nas empresas TIC galegas, situándose no 40,1%, cun incremento de 9,5 puntos porcentuais no período 2013-2017.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?