Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Netun e o seu dispositivo de emerxencias nas estradas, Premio Novo Emprendedor 2017
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Netun e o seu dispositivo de emerxencias nas estradas, Premio Novo Emprendedor 2017

Redacción
Publicado: 13/12/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

netun_help_flash.jpgA firma innovadora Netun Solutions, da que falamos recentemente en Código Cero para salientar o seu proceso internacional de espallamento (sobre todo cara aos Estados Unidos) e máis a incorporación ás súas fileiras de Lucía Gregorio (ex directora xeral da asociación Ineo), vén de recibir un novo impulso á súa actividade, centrada, como lembraremos, no deseño, desenvolvemento e comercialización dun dispositivo destinado a rematar cos riscos dos triángulos de sinalización de avarías, ao dispositivo Help Flash. Segundo puidemos saber, Netun Solutions e a súa tecnoloxía de seguridade nas estradas foron recoñecidos co Premio Novo Emprendedor 2017 que outorga AJE Vigo (edición número 12). Amais de Netun, tamén obtivo unha importante distinción (categoría Mozo Emprendedor) a empresa oSIGris.
Como temos sinalado no seu día, Help Flash é unha luz de emerxencia na estrada que, ante un accidente ou avaría, pódese adherir de xeito magnético ao teito do noso vehículo sen necesidade de que teñamos que abandonar o coche. O dispositivo luminoso de activación automática e autónomo funciona cunha batería de alto rendemento independente do vehículo e emite uns escintileos visibles a un quilómetro de distancia. A tecnoloxía comezou a comercializarse en abril de 2016 e hoxe en día xa é obxecto de 450.000 pedidos ao ano. Netun recibiu, froito deste premio, unha contía en metálico de 1.000 euros e outro premio en formación na Escola de Negocios Afundación de IESIDE, valorado tamén en máis de 3.000 euros; ademais dun acceso á base de datos de Ardán durante un ano, un diagnóstico e dirección financeira de INFI Consultores durante seis meses valorado en 4.000 euros e seis meses de afiliación gratis a AJE Vigo.
Na categoría de Mozo Emprendedor, o gañador foi a empresa oSIGris, unha firma innovadora centrada na agricultura de precisión. O proxecto, en activo en varias adegas e centros de I+D, emprega sistemas de información xeográfica (SIG) para aumentar a cantidade de datos sobre un determinado cultivo. O sistema axuda a diminuír os custos e a optimizar os sistemas de produción. O gañador recibiu un premio en metálico de 500 euros; aloxamento gratuíto con asesoramento nun Viveiro de Empresa de Zona Franca de Vigo; un acceso á base de datos de Ardán durante un ano, un plan de viabilidade de Infi Consultores valorado en 1.700 euros e seis meses de afiliación de balde a AJE Vigo.
Dentro da categoría Mellor Empresario entregáronse tres accésits. O de Calidade foi para Del mar al plato, unha plataforma en liña que distribúe produtos das lonxas galegas a toda España e Baleares, ademais de conservas, viños galegos e produtos gourmet. O accésit de Innovación foi para Bob y Blue, empresa especializada en viaxes dirixidas a todo tipo de familias, amais de ser a primeira axencia de España especializada en turismo militar ofrecendo destinos tanto nacionais como internacionais.
O terceiro accésit, o de Responsabilidade Social Empresarial foi outorgado a SomosOcéano, que fabrica pezas de algodón natural e algodón orgánico, facendo primar a proximidade dos seus provedores e reducindo emisións de CO2 en transporte e loxística. Os gañadores deste tres accésit recibirán un bono formativo de 10 horas valorado en 390 euros nun seminario dun programa especializado de IESIDE e unha tableta de última xeración.
Durante a gala de entrega de premios, a empresaria Delfina Cendón recibiu o Premio Honorífico AJE Vigo.
O acto, ao que asistiron máis de 150 invitados, celebrouse no MARCO coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero; o conselleiro de Economía, Francisco Conde; a delegada do Consorcio de Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa; o director do do IGAPE, Juan Cividanes, entre outros representantes públicos e das nosas empresas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?