Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Lugo mostra ás familias e o profesorado os riscos dun mal uso de Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Lugo mostra ás familias e o profesorado os riscos dun mal uso de Internet

Redacción
Publicado: 13/12/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lugo_cartaz_internet_riscos.jpgHoxe celébrase en Lugo unha xornada divulgativa para convidarnos a reflexionar sobre a faciana negativa das novas tecnoloxías, a que vén derivada dun mal uso das mesmas e que se traduce en cousas como acoso dixital (ciberacoso), adiccións ou trastornos de conduta. A xornada vén da man da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión que dirixe Ana González Abelleira. Será unha cita de balde, dirixida sobre todo a familias e docentes e cuxa temática principal, como dixemos, versará sobre o uso das novas tecnoloxías dixitais, principalmente internet, móbiles e redes sociais, sen riscos en adolescentes. O encontro celebrarase no auditorio do Vello Cárcere a partir das 19:00 horas. A asistencia é de balde pero é preciso inscribirse a través do Servizo de Información Municipal 010.
A xornada será impartida por Jorge Flores Fernández, licenciado en informática e autor de varias publicacións e materiais didácticos relacionados co usos seguro das TIC. Segundo informa o Concello de Lugo, un dos obxectivos desta convocatoria é “dar a coñecer como viven as e os adolescentes a súa vida dixital, identificar cales son os retos e as estratexias preventivas, así como pór en valor e potenciar as oportunidades que brinda a actual sociedade conectada a Internet”. A iniciativa, organizada pola entidade local (a Concellería de Ana Abelleira) xunto ao colectivo Pantallas Amigas, quere ser tamén unha chamada de atención ás nais e aos pais, aos docentes e aos profesionais que traballan coa mocidade en diversos ámbitos (educación, saúde ou acción social), sobre a importancia dun bo uso das novas tecnoloxías entre os menores, “que son vítimas de un de cada catro delitos informáticos”, explican dende o departamento local de Benestar Social e Igualdade.
En concreto, abordaranse os seguintes aspectos: Internet, riscos e oportunidades para nenos e nenas e adolescentes, clasificación dos riscos, uso das principais redes sociais, contidos nocivos como o ciberacoso, ciberbullyng, sextorsión, revenge porn ou ciberviolencia de xénero, así como a detección de problemas ergonómicos e psicosociais derivados dun uso abusivo das redes, a privacidade no móbil, os videoxogos, as medidas a tomar no fogar para previr un mal uso e lugares de referencia para pedir axuda.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?