Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña convoca a segunda edición dos seus premios ás mellores iniciativas empresariais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña convoca a segunda edición dos seus premios ás mellores iniciativas empresariais

Redacción
Publicado: 14/12/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_coruna_pel__1s09.jpgA Deputación da Coruña quere alentar a innovación empresarial e o espírito creativo aplicado ao tecido produtivo: todas aquelas cousas (tecnoloxías, servizos, propostas, solucións, materiais) que teñen a capacidade de marcar un antes e un despois no mercado e na nosa contorna. Por este motivo, vén de convocar a segunda edición do seu Premio Provincial á Mellor Iniciativa Empresarial, que abrangue tres galardóns por un importe total de 75.000 euros. A convocatoria, cuxas bases pódense consultar na páxina web emprego.dacoruna.gal/premio, ten o prazo aberto ata o 31 de xaneiro. Ao igual que o ano pasado, o premio contará coas categorías de Mellor Iniciativa Empresarial Nova (dirixida a proxectos emprendedores con menos de 12 meses de antigüidade), e Mellor Iniciativa Empresarial Consolidada (para empresas con máis de cinco anos de actividade).
En ambas categorías os criterios a valorar serán a orixinalidade do negocio, a formación do seu promotor, o seu grao de innovación, a participación en redes de networking ou a implantación de medidas de Responsabilidade Social Corporativa, RSC, entre outros parámetros. Entre as grandes novidades desta edición inclúese unha terceira categoría que engadir ás devanditas, unha modalidade dirixida a recoñecer propostas socialmente responsables que “contribúan ao medre sustentable da provincia nos ámbitos económico, medioambiental e social”. Valorase, ao abeiro desta categoría, a idea de negocio e as medidas implantadas en ámbitos coma o desenvolvemento sustentable, a conciliación laboral, familiar e persoal ou a promoción da igualdade de xénero, entre outros. En cada unha destas categorías, o premio será de 25.000 euros.
A Deputación da Coruña, facendo reconto, lembrou que o ano pasado o galardón contou cunha elevada participación: máis de 70 candidaturas presentadas, unha cifra de achegas que converteron o certame “nun dos premios de referencia para as empresas coruñesas”. As empresa pontesa EVASA e a firma compostelá eMonte (que dá nome a unha plataforma dixital –emonte.es-que facilita a compravenda de madeira na nosa terra) foron as gañadoras da pasada edición, das que o xurado salientou a súa aposta pola innovación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?