Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG colabora na celebración coruñesa da Hora do Código
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG colabora na celebración coruñesa da Hora do Código

Redacción
Publicado: 14/12/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

fic_coruna_entrada-4.jpgÉ hora de pechar fileiras arredor da importancia de educarnos en programación dende as idades máis temperás. Nisto consiste, basicamente, a celebración internacional A Hora do Código que se celebra na primeira quincena de decembro en máis de 180 países co obxectivo de achegar aos nenos e aos adolescentes á creación de ferramentas e recursos informáticos. E todo da maneira máis natural e divertida posible. Entre as entidades da nosa terra que se fan eco da celebración, poñendo todo da súa parte para darlle voz e presenza, atópase o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, CPETIG, que vén de informarnos da súa colaboración coa FIC da UDC para as actividades do sábado 16 preparadas ao abeiro da Hora do Código.
Na cita, organizaranse diversas actividades para acurtar a distancia entre os escolares (nenas e nenos de entre 8 e 14 anos) e o miolo dixital. A Hora do Código UDC 2017 terá lugar na Facultade de Informática, no Campus de Elviña. Segundo informa o CPETIG, aquelas persoas que non poidan asistir pero estean interesadas en tirar proveito da celebración, poden participar desde a súas casas conectándose a www.code.org e probando algún dos titoriais dispoñibles: Minecraft, Star Wars, Frozen, Flappy, etc. O prazo para formalizar as inscricións remata o sábado día 16 ás 12.00 horas. Para máis información cómpre visitar a web específica habilitada, https://hourofcode.fic.udc.es.
Segundo engadiu hoxe a Universidade da Coruña, A Hora do Código UDC 2017 ten o mesmo obxectivo didáctico có evento global: ensinar aos nenos e ás nenas conceptos fundamentais de programación mediante ferramentas gráficas baseadas en bloques que poden realizar unha acción concreta, como por exemplo mover un personaxe nunha escena ou facer o deseño dun obxecto. “Ademais”, explica a UDC, “o evento coruñés ten un segundo obxectivo, xa que pretende ser un punto de reunión para todos aqueles nenos e nenas da provincia que estean interesados na programación ou simplemente queiran coñecer este mundo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?