Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As cousas que Ferrolterra pode extraer de Silicon Valley, ao detalle nunha xornada da AEF
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As cousas que Ferrolterra pode extraer de Silicon Valley, ao detalle nunha xornada da AEF

Redacción
Publicado: 15/12/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ferrol_vista_aerea.jpgA Asociación de Empresarios Ferrolterra quere despedir o ano “na compaña de socios, colaboradores e amigos”. Por esta razón, vén de convocar unha xornada de implicación e confraternización, Ferrotera participa. A cita será o martes 19 de decembro, a partir das sete da tarde, no Sercotel Odeón. Primeiro celebrarase a presentación da xornada, a cargo de José Ramón Franco, presidente da AEF e logo, a partir das 19.15, desenvolverase unha conferencia sobre as posibilidades das novas tecnoloxías para sermos máis competitivos, facéndose fincapé en dúas vertentes: nas oportunidades que se abren co desenvolvemento de novas ferramentas e servizos, e nas oportunidades que se abren empregándoas de apoio para a nosa actividade empresarial. Este relatorio correrá a cargo de Enrique de la Rica, profesor da Galicia Business School, referente internacional no eido da innovación.
A conferencia de Enrique de la Rica desenvolverase baixo o seguinte epígrafe: Cara a un modelo produtivo centrado na innovación. Que podemos trasladar de Silicon Valley á realidade de Ferrolterra? O relator achegará aos empresarios locais claves e ideas de boas prácticas orientadas a impulsar o desenvolvemento produtivo e económico da comarca de Ferrol.
Logo da devandita sesión, o presidente da AEF, presentará Ferrolterra participa, que iniciará o vindeiro martes a súa andaina e terá continuidade durante o vindeiro mes de xaneiro, cunha mesa de traballo sobre aspectos económico-empresariais e demográficos-sociais en Ferrol, Eume e Ortegal, e que dará continuidade ao Diagnóstico socioeconómico comparado de Ferrol e área de influencia presentado este ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?