Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ineo amosa perante as PEME galego-portuguesas o potencial de mercado de Latinoamérica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ineo amosa perante as PEME galego-portuguesas o potencial de mercado de Latinoamérica

Redacción
Publicado: 15/12/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ineo_xornada_latinoamerica.jpgA asociación Ineo, referencial alianza galega de empresas TIC, celebrou este venres na súa sede unha xornada de traballo sobre as oportunidades comerciais que ofrece Latinoamérica ás pequenas e medianas empresas galegas e portuguesas pertencentes á Eurorrexión Galicia Norte de Portugal. A cita, desenvolvida baixo o epígrafe Como vender en Colombia, Panamá e Perú, celebrouse no marco do proxecto europeo Ecicii Plus e contou coa participación de Armando Priegue, socio director de Axperia Venture; Piedad Rojas, consultora experta en mercados internacionais; Alexandre Gonzales, experto en América do Sur; e Aurora Villalba, profesional especializada no mercado panameño. Luis Rey, director de operacións de Ineo, foi o encargado de abrir a xornada.
Na súa intervención, Rey explicou aos asistentes os obxectivos do proxecto Estrutura Empresarial Conxunta para o Impulso e a Captación de Iniciativas de Internacionalización (Ecicii Plus), un programa que fomenta a internacionalización das PEME da Eurorrexión e que ofrece servizos de apoio especializado para o acceso conxunto a mercados exteriores. Segundo fixo saber, “en Ecicii Plus ofrecemos servizos de diagnóstico, asesoramento e información, que complementamos coa organización de xornadas como esta que nos axudan a obter información e as ferramentas precisas para competir con éxito tirando proveito das oportunidades de negocio que existen nos mercados internacionais”.
Segundo se fixo saber na cita de hoxe, o proxecto Ecicii Plus (que se prolongará ata finais do 2019), conta coa participación de sete entidades de Galicia e do norte de Portugal: a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), o Instituto Galego de Promoción Ecnómica (IGAPE), a Confederación de Empresarios de Ourense (CEO); a Associação Empresarial de Portugal (AEP), a AssociaçãoIndustrial do Minho (AIMinho), a Associação Empresarial de Viana do Castelo (AEVC) e a Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (Ineo).
A xeira de traballo estivo conducida por Armando Priegue, socio director de Axperia Ventures, e contou con distintos relatorios, unha mesa redonda e reunións entre os representantes das empresas asistentes e os distintos expertos especializados nas oportunidades en Colombia, Panamá e Perú.
Piedad Rojas, consultora experta en mercados internacionais, foi a encargada de expor as claves interculturais para unha negociación efectiva en Latinoamérica. Durante a súa intervención fixo especial fincapé no potencial de Colombia, pais que (dixo) é o terceiro provedor de tecnoloxía TIC (novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación) en Latinoamérica e que en 2032 será a primeira potencia mundial en bioteconoloxía.
Pola súa banda, Alexandre Gonzales, experto en América do Sur, detallou as características e oportunidades do mercado latinoamericano, incidindo nas que ofrece Perú. Gonzales salientou a importancia dos acordos de libre comercio entre este país e Europa e deu conta de proxectos con meirande potencial investidor no país, como o que está a levar a cabo o Goberno peruano para trasladar a auga do Amazonas á zona desértica do país.
Para rematar, Aurora Villalba, experta en Panamá, enxalzou durante a súa participación a importancia que están a adquirir actualmente os investimentos en loxística, turismo, obras públicas, enerxía e novas tecnoloxías que se están a realizar neste país.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?