Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O comercio da Mariña promóvese nas redes sociais ao abeiro de Merca e Gaña polo Nadal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O comercio da Mariña promóvese nas redes sociais ao abeiro de Merca e Gaña polo Nadal

Redacción
Publicado: 15/12/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_lugo_marina_merca_e_gana_polo_nadal.jpgViveiro acolleu hoxe a presentación da campaña Merca e Gaña polo Nadal, impulsada pola Deputación de Lugo e a Federación Galega de Comercio. Segundo se fixo saber, a dita campaña (dirixida a visualizar perante os cidadáns a importancia de apostar polos establecementos de proximidade) xa xunta 700 locais da comarca da Mariña. Na presentación participaron o deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López. Na cita en Viveiro tamén se fixo fincapé nos importantes premios postos en xogo ao abeiro da iniciativa (premios para recoñecer a fidelidade da xente polo comercio de toda a vida) e nas diferentes facianas comunicativas da campaña, que se materializa a través de distintos soportes promocionais, incluídas as redes sociais e a páxina web www.nadalmercaegana.com.
Santos Ramos salientou que “decidimos poñer en marcha esta campaña debido á importancia do comercio na economía lucense”. Segundo fixo saber, na provincia hai uns 5.500 establecementos que xeran máis de 12.500 postos de traballo. Pola súa banda, a rexedora sinalou que a iniciativa “é unha forma máis de promover o pequeno comercio de Viveiro fronte ás compras nas grandes superficies durante unha das épocas máis importantes para o sector, como é o Nadal”. Segundo lembrou, en Viveiro preto do 50% do emprego xérase a través do comercio ou da hostalería”.
Merca e Gaña polo Nadal desenvolverase ata o 6 de xaneiro. Durante estas datas, ademais de incentivar as compras no comercio local con contidos de promoción nas rúas dos 67 concellos ou en redes sociais co cancelo #nadalmercaegaña; as persoas que merquen en calquera dos establecementos da provincia poderán participar no sorteo de 20 cartóns agasallo de 300 euros e 20 tarxetas máis de 200 euros. Para isto, débese fotografar o tícket da compra e rexistralo en www.nadalmercaegana.com, ou solicitar o seu rexistro ao comerciante (o sorteo ante notario será o 12 de xaneiro). Para máis información, na presentación da campaña recomendouse facer seguimento da mesma a través de www.nadalmercaegana.com e nas redes sociais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?