Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Santiago premia un proxecto de comida caseira online e unha axencia de deseño web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Santiago premia un proxecto de comida caseira online e unha axencia de deseño web

Redacción
Publicado: 18/12/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

premiados_camino_emprendemento_santiago_camara.jpgA Cámara de Comercio de Santiago de Compostela entregou o pasado venres os seus galardóns de emprendemento, uns recoñecementos dirixidos a promover novas propostas, visualizándoas, e fornecer apoios para a súa posta en marcha, desenvolvemento e consolidación. O IV Premio Camiño do Emprendemento 2017, que contou co patrocinio de ABANCA, saldouse distinguindo un proxecto de comida caseira e online, por unha banda, e máis unha axencia de deseño gráfico, web e audiovisual, pola outra. Trátase das novas propostas innovadoras El Comedor e máis 4BajoCero.
Asistiron ao acto de entrega de diplomas, que se celebrou na sala de xuntas da entidade compostelá, o presidente da Cámara, Jesús Asorey; o director de Negocio Institucional de ABANCA Galicia, Asturias e León, José Lino Comesaña; o director da Oficina de Relacións con Institucións de ABANCA, Álvaro Rodríguez Cabo; o secretario xeral da Cámara de Comercio de Santiago, Fernando Barros; e a responsable do viveiro de empresas de Costa Vella, Rosa Cardeso.
Segundo se fixo saber, o premio cubrirá o 50 por cento dos gastos da estancia no viveiro de empresas de Costa Vella durante un ano aos proxectos distinguidos. Os gañadores poderán solicitar as liñas de financiamento presentadas por ABANCA con condicións financeiras preferentes (a concesión do financiamento estará suxeita, en todo caso, á previa análise do risco por ABANCA).
Durante ese tempo, os emprendedores, ademais do servizo de aloxamento, infraestrutura e loxística, recibirán servizos de acompañamento, consultoría e asesoramento dos seus proxecto empresariais “coa finalidade de favorecer a súa arrincada, creación e consolidación e mellorar así as súas expectativas de implantación e supervivencia empresarial”.
El Comedor. Comida rápida, sana y barata é un proxecto ideado polo empresario Carlos Alberto Balboa Castelo. Actualmente, dirixe o restaurante La Fábrica no Milladoiro (Ames), no que ofrece aos clientes comida caseira e elaborada a través do sistema de autoservizo para consumir no establecemento. E partindo deste xerme inicial, apostou pola ampliación do negocio con novas fases complementarias: a creación dun mostrador de comida para levar (envasada ao baleiro con sistemas innovadores de embalaxe) tan só como punto de venda; unha máquina de autovending no exterior onde os clientes poidan mercar as 24 horas do día; e o reparto a domicilio con furgoneta da comida envasada ou o envío de pedidos online a través dun servizo de paquetería refrixerada para terceiros comercializadores.
Os mozos Pedro Maceira, Antonio Millán e Alfonso Maceira crearon recentemente a empresa 4 BajoCero, unha nova axencia de publicidade multidisciplinar que ten como obxecto cubrir todas as necesidades de comunicación das pequenas e medianas empresas, aportando ás compañías un servizo de imaxe, visibilidade, reputación e posicionamento na Rede e, máis polo miúdo, nos busdadores. Tendo como zona influencia a área metropolitana de Santiago, os tres profesinais realizan tarefas de deseño gráfico e web, fotografía audiovisual, comunicación e mercadotecnia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?