Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación TIC xunta forzas co director galego Oliver Laxe
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación TIC xunta forzas co director galego Oliver Laxe

Redacción
Publicado: 18/12/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_lugo_ancares_oliver_laxe_navia_suarna.jpgO director galego Oliver Laxe, unha das grandes talentos audiovisuais da nosa terra (creador da multipremiada Todos vós sodes capitáns e de Mimosas, distinguida en Cannes), está a dar forma á súa nova obra nunha contorna que lle colle de preto: Os Ancares. Trátase da rodaxe de Aquilo que arde, que inclúe localizacións en diversas zonas da provincia de Lugo e que hoxe fixo unha parada en Navia de Suarna para dar conta dalgúns detalles do proceso de filmación. Na parada, amais de Laxe, participou o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, quen avanzou datos sobre a colaboración da entidade provincial (e da Fundación TIC) co novo traballo do director galego. Campos Conde explicou que esta colaboración favorecerá que Navia de Suarna sexa a principal localización de Aquilo que arde. Ademais, ao abeiro deste apoio da entidade provincial, Laxe rodará un vídeo de promoción sobre a Reserva dos Ancares Lucenses e ofrecerá un ciclo de conferencias e clases maxistrais aos estudantes da EIS (Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC).
Na cita en Navia tamén participaron o alcalde deste municipio, José Fernández, e a produtora-executiva de Miramemira, Andrea Vázquez. Campos Conde salientou que “queremos formar parte desta produción cinematográfica porque é unha oportunidade para a economía, o emprego e a promoción turística, especialmente dos Ancares, pero tamén doutras localidades da nosa provincia, que non debemos desaproveitar”. Segundo fixo saber, o filme rodarase en galego e posuirá “un especial valor cultural e social”, constituíndo en si mesmo unha aposta “por fomentar o tecido industrial do noso sector audiovisual”.
A rodaxe está prevista entre os meses de febreiro e agosto en diferentes localizacións do territorio lugués, especialmente en Navia de Suarna, pero tamén en Monterroso, Monforte, Viveiro, Becerreá, Cervantes e Lugo. Segundo engadiu Campos Conde, o feito de que Oliver Laxe elixise Os Ancares para centrar boa parte da acción de Aquilo que arde é unha sorte e un privilexio para dar a coñecer esta contorna, e tamén terá un especial significado por ter o director unha estreita relación familiar e familiar coa montaña de Lugo, onde están precisamente as súas raíces.
En termos máis concretos, a colaboración da Deputación permitirá ao Concello de Navia asumir a metade dos 43.000 euros dos custos de aloxamento, manutención e transporte do equipo de rodaxe.
No marco da cita de hoxe, Campos Conde e a produtora executiva de Miramemira Andrea Vázquez asinaron o convenio de colaboración coa TIC para “favorecer a experiencia formativa dos alumnos e titulados da Escola de Imaxe a Son”. O máximo responsable provincial avanzou o comezo (mañá) dun ciclo de conferencias e clases maxistrais sobre cine de autor, que continuará con charlas doutros profesionais de Aquilo que arde. “Os estudantes”, engadiu, “terán a oportunidade de estar en contacto directo coa industria audiovisual e con profesionais de prestixio que poden ser a súa mellor tarxeta de presentación de cara a súa inserción laboral”.
Campos Conde tamén informou do vídeo de promoción que rodará Oliver Laxe sobre a Biosfera dos Ancares Lucenses, “unha das nosas xoias naturais e etnográficas máis prezadas”. Ao fío disto, o presidente salientou que “o compromiso de Laxe para contribuír a revivificar os Ancares non remata aquí, pois entre os seus proxectos está o de xerar en Navia de Suarna unha escola de cinema e unha cooperativa de agricultura ecolóxica”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?