
Na nova oficina, ABANCA prestará aos seus usuarios “un servizo diferencial”, adaptándose ás necesidades de cada un deles ao dispor de xestores especializados en cada tipoloxía de clientes: xestores de empresas, comercios e autónomos, xestores e asesores de banca persoal, xestores especializados en seguros, etc. Durante o período do Nadal, desde hoxe día 19 ata o 4 de xaneiro, a oficina abrirá ao público en horario de 8:15 a 14:30 e de 16:30 a 19:30 de luns a venres e os sábados de 10 a 14 horas. No este período a oficina contará coa presenza de R4, o robot humanoide de ABANCA.
Conta cunha ampla dotación tecnolóxica enfocada ás seguintes cinco prioridades:
· Permitir a mobilidade dos xestores comerciais para atender ao cliente en calquera zona coa tableta Microsoft Surface como dispositivo único de traballo.
· Incorporar formatos e contidos audiovisuais en diferentes elementos de vídeo, como pantallas LED e de muro e hologramas 3D.
· Adecuar os seus recursos ás necesidades do cliente coa incorporación de xestores de benvida, Wi-Fi e pantallas multitouch de última xeración en zonas de espera.
· Reenfocar a actividade do seu persoal ás xestións de máis valor para o cliente grazas á dispoñibilidade de caixeiros avanzados na zona 24h.
· Incrementar a súa sustentabilidade ambiental grazas á firma dixital de contratos e a redución do número de impresoras, “avanzando desta maneira na filosofía cero papel”.
ABANCA abre na Coruña o seu centro referencial en servizos dixitais
Compartir Este Artigo

