Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AGASOL e o Cluster TIC xuntan forzas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AGASOL e o Cluster TIC xuntan forzas

Redacción
Publicado: 19/12/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sinatura_convenio_agasol_clustertic_ok.jpgA Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) e o Cluster TIC Galicia asinaron hoxe un convenio de colaboración para, entre outras cousas, facer fronte común a prol “da defensa e a mellora da competitividade do hipersector das tecnoloxías da información”. O acordo, de duración indefinida, incluirá actividades conxuntas e, de cara a todos os ámbitos sociais (cidadanía, institucións, empesariado, medios de comunicación), unha única faciana institucional. Esta voz unificada será asumida polo Cluster TIC.
Así o deron a coñecer no acto de formalización da alianza o presidente desta entidade, Antonio Rodríguez del Corral, e máis o presidente de AGASOL, Carlos Rodríguez. Segundo engadiron, o Cluster creará na súa organización interna (ao abeiro do acordo) un grupo de interese en software libre e tamén nomeará un portavoz neste eido, que participará nas reunións do seu comité de dirección. Polo que respecta ao papel que vai despregar AGASOL, a identidade e actividade de seu, a asociación manterá a súa xeración de proxectos e actividades, que se fará no seo da estrutura do Cluster e de forma aberta a todos os asociados. “Unha comisión paritaria de seguimento velará polo bo desenvolvemento do convenio”, explicaron.
O presidente do Cluster TIC, Antonio Rodríguez del Corral, indicou que a sinatura supón “un importante avance de cara a establecer marcos de colaboración entre as entidades do sector que axuden ás empresas a desenvolver produtos e servizos innovadores e con capacidade para aproveitar as oportunidades que ofrecen os mercados”. Para o Cluster e para os clientes dos seus socios, engadiu, “é importante contar coa experiencia en software libre de AGASOL, porque cada vez máis proxectos de cliente, de electrónica ou no ámbito das smart cities ou dos data centers execútanse total ou parcialmente en software libre”.
Pola súa parte, Carlos Rodríguez salientou que este acordo permitirá aumentar o interese e a importancia do software libre entre o tecido empresarial TIC de Galicia, “proporcionando solucións innovadoras feitas desde a nosa comunidade e reducindo a dependencia do software privativo, que non achega valor engadido”.
Segundo lembraron, o Cluster TIC representa un sector que dá emprego a máis de 17.000 persoas e ten unha facturación superior aos 3.000 millóns de euros. Pola súa parte, AGASOL está integrada pola maioría das empresas do ámbito do software libre de Galicia, moitas das cales contan cunha ampla presenza en mercados internacionais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?