Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SIVSA celebra os seus trinta anos de andaina como referente TIC galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SIVSA celebra os seus trinta anos de andaina como referente TIC galego

Redacción
Publicado: 19/12/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sivsa_trinta_anos.jpgA empresa galega SIVSA, centrada no desenvolvemento de servizos e ferramentas informáticas avanzadas (por exemplo as plataformas Fenix e Geenie), está a rematar 2017 celebrando as súas tres décadas de andaina. Con motivo da conmemoración destes trinta anos de actividade, a compañía con sede en Vigo vén de botar a vista atrás e de facer reconto “dos grandes fitos que nos permitiron converternos hoxe en referente dentro do sector TIC”.
Fitos relativamente recentes como por exemplo o lanzamento das plataformas Fenix (para facilitar o día a día de clínicas e centros médicos) e Geenie (para axilizar nos organismos públicos a compra de bens dentro do sistema de Contratación Centralizada do Ministerio de Facenda), ou o nomeamento de Antonio Vidal, responsable de Ciencia de Datos na empresa SIVSA, como Mellor Científico de Datos de España.
Ou fitos máis afastados no tempo, como a propia posta en marcha de SIVSA (en 1987, co obxectivo de “dar resposta ás necesidades de sistemas de xestión do mercado) ou o desenvolvemento, na década dos 90, do sistema HOSIX para a xestión hospitalaria, un feito que marca o inicio da especialización da compañía no ámbito da saúde, unha liña que continúa ata o de hoxe con presenza nunha manchea de países de ámbalas beiras do Atlántico.
SIVSA tamén lembra, no seu reconto, outros fitos importantes, como por exemplo o acontecido en 2007, cando “gañamos un importante concurso do SERGAS para a implantación dos nosos produtos de desenvolvemento na zona sur, ademais de comezar a traballar co grupo PSA”, ou os importantes procesos de ampliación de mercado experimentados en 2008 e 2009, cando a empresa conseguiu afianzarse en Marrocos e máis en Chile, e máis tarde a Perú.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?