Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación Everis inclúe Galicia no seu programa para diminuír a fenda científico-tecnolóxica de sexo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación Everis inclúe Galicia no seu programa para diminuír a fenda científico-tecnolóxica de sexo

Redacción
Publicado: 20/12/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fundacion_everis_pulsar.jpgA Fundación Everis vén de pór en marcha a terceira edición do seu programa de asesoramento para mozas adolescentes, unha iniciativa encamiñada a reducir a fenda de sexo que separa a boa parte das nosas estudantes dos estudos científicos e TIC (unha fenda que, lonxe de diminuír, non para de medrar). O programa Púlsar, así se chama, conta coa participación activa de mulleres referenciais no ámbito das novas tecnoloxías da información e a innovación, mostrando as súas experiencias e botando abaixo os atrancos (estereotipos, discriminación, desinformación) que impiden ás mozas acceder a este tipo de carreiras. A idea, sinala Everis, é que as rapazas (de idades comprendidas entre 15 e 17 anos) descubran e potencien o seu talento.
Nesta terceira edición incrementouse o número de participantes respecto ao ano anterior, intervindo en colexios de Madrid, Barcelona e, por primeira vez, de Santiago de Compostela. Ademais, está a levarse a cabo o espallamento do programa a países de Latinoamérica onde Everis ten presenza, como por exemplo México, Perú ou Brasil.
No capítulo de novidades, amais da estrea galega no programa, este ano haberá charlas de motivación nos centros educativos dirixidas a preto de 1.000 estudantes (mozos e mozas) de 4º ESO e 1º de Bacharelato, para “transmitirlles a importancia da autoestima na adolescencia e concienciarlles da existencia da brecha de sexo na sociedade”.
Segundo informa a Fundación Everis, a metodoloxía desta iniciativa está baseada no learning by doing (aprender facendo), e o método de traballo está orientado “á curiosidade, a exploración, o descubrimento, a interacción e creación dos contidos, así como a reflexión e conexión destas aprendizaxes coa súa día a día”.
Karla Alarcón, directora da entidade, apunta que “é fundamental que os pais e as institucións educativas avancen xuntos para conseguir a igualdade de oportunidades e tamén é preciso que as mozas sexan quen de achar o seu propio talento; para iso, cremos importante achegar as rapazas a mulleres referentes que as impulsen no seu medre persoal e, por tanto, profesional, a través da súa propia experiencia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?