Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Situm pecha con éxito unha rolda de financiamento con Amadeus Ventures
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Situm pecha con éxito unha rolda de financiamento con Amadeus Ventures

Redacción
Publicado: 20/12/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

situm_equipa_emprendia.jpgA empresa galega Situm, responsable da innovadora plataforma do mesmo nome para a localización e navegación en interiores, vén de pechar con éxito unha rolda ponte con Amadeus Ventures, o brazo corporativo de investimentos de Amadeus (empresa referente no ámbito das TIC para a industria mundial da viaxe), unha rolda de investimento na que tamén participan as sociedades Unirisco e Xesgalicia. O obxectivo de Amadeus, apostando pola dita tecnoloxía galega, é avanzar no seu reto de mellorar as operacións e a eficiencia en todas as áreas do sector do transporte de persoas, principalmente. Na óptica de Amadeus, a plataforma Situm sería a resposta máis axeitada para os usuarios de aeroportos e estacións, xa que os ceiba da inquietude que adoitan provocar as contornas complexas non coñecidas. Segundo recorda Víctor Álvarez, conselleiro delegado e fundador de Situm Technologies, “cando viaxamos atopámonos con frecuencia en lugares novos e espazos descoñecidos, e iso pode resultar abafador”. Porén, a tecnoloxía de Situm fornece unha solución que achega un ingrediente importante de seguridade e confianza, tamén con vistas a asegurar aos viaxeiros que chegarán sen dúbida ao seu destino. Ademais, engade Víctor Álvarez, atesoura as vantaxes de que require unha infraestrutura mínima e que permite aproveitar o poder da tecnoloxía móbil persoal. “Aos xestores de aeroportos, estacións de tren, centros de conferencias ou hoteis, Situm permítelles ver en tempo real os movementos do seu persoal, optimizar a distribución dos recursos para que o tránsito de pasaxeiros sexa máis fluído, reforzar os servizos de seguridade e realizar análise para mellorar o xeomarketing e a segmentación”, explica o conselleiro delegado da empresa galega.
Amadeus realiza este investimento en Situm xunto con Unirisco (sociedade de capital risco constituída co obxectivo de promover a creación de empresas que aproveiten o coñecemento universitari) e Xesgalicia (sociedade xestora de entidades de capital risco galega que financia o desenvolvemento empresarial a través da xestión e administración de diferentes fondos e sociedades).
Respecto de Amadeus, é unha compañía de referencia na provisión de solucións tecnolóxicas avanzadas para a industria mundial da viaxe. Entre os grupos de clientes da compañía, destacan provedores (compañías de voo, hoteis, compañías ferroviarias, liñas de ferrys, etc.), distribuidores de produtos de viaxes (axencias e portais de viaxes) e compradores de viaxes (corporacións e empresas de xestión de viaxes). Segundo lembra Situm, o Grupo Amadeus conta con ao redor de 15.000 empregados en todo o mundo e desenvolve as súas actividades en máis de 190 países. A compañía posúe sedes en España (sede corporativa), Francia (desenvolvemento) e Alemaña (operacións) e oficinas en 70 países de todo o mundo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?