Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A preincubadora da Tecnópole e a UVigo buscan novos proxectos innovadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A preincubadora da Tecnópole e a UVigo buscan novos proxectos innovadores

Redacción
Publicado: 21/12/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cartel_incuvi_2018-01.jpgA preincubadora de proxectos empresariais que Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia) promove en colaboración coa Universidade de Vigo anda na procura de novos ocupantes por sétimo ano consecutivo. Os gañadores dos premios INCUVI-Emprende do Campus de Ourense (Universidade de Vigo), que teñen o prazo de presentación aberto ata o 19 de xaneiro, instalaranse no Centro de Empresas e Innovación (CEI) do Parque Tecnolóxico de Galicia para desenvolver a súa idea de negocio. O proceso artéllase en tres fases: unha entrevista persoal, un obradoiro de ideas e unha presentación ante unha comisión.
Segundo informa a Tecnópole, ata o 19 de xaneiro de 2018, tanto os alumnos que estean a cursar algún grao, máster ou doutorado, como as persoas tituladas no curso 2014/2015 ou posteriores, poderán presentar propostas para participar no concurso de ideas. En caso de gañar algún dos premios, subministraráselles un programa de preincubación dun ano de duración para converter os seus proxectos en empresas.
Os gañadores instalaranse nas preincubadoras de cada un dos tres campus da Universidade: seis na Cidade Universitaria no Campus de Vigo; catro en Tecnópole en Ourense e dous na Asociación de Empresarios Novos en Pontevedra. Ademais, incorporaranse a un programa dun ano de duración, no que se desenvolverán actividades formativas e de asesoramento e seguimento dos proxectos, así como a subvención, durante o mesmo período, dos custos de estancia nos espazos de traballo de cada campus.
A sétima edición dos Premios INCUVI-Emprende conta coa colaboración, por primeira vez, da Xunta de Galicia, que se suma á Zona Franca de Vigo, Asociación de Empresarios Novos de Pontevedra, Tecnópole e Cidade Universitaria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?