Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo e a Fundación TIC celebran o Nadal entre novas tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo e a Fundación TIC celebran o Nadal entre novas tecnoloxías

Redacción
Publicado: 22/12/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion-nadal_tic.jpgA Deputación de Lugo e a Fundación TIC, dependente da entidade provincial, están a celebrar o Nadal fomentando ao máximo a participación da cidadanía. Entre os principais instrumentos empregados para impulsar esta colaboración veciñal atópanse as novas tecnoloxías da información. Esta é a base da iniciativa Nadal da TIC, na que participaron este venres unha manchea de lucenses de máis de 55 anos. O presidente provincial e da TIC, Darío Campos, o patrón e deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xuntáronse á celebración compartindo as actividades cos maiores.
Darío Campos salientou que “é unha satisfacción para nós comprobar como os maiores que se achegan á TIC aprenden a sacarlle o mellor partido ás novas tecnoloxías e como se implican en todo o que facemos. Neste caso, á parte didáctica engádeselle a máis lúdica e divertida, que contribúe a favorecer as relacións entre eles e tamén cos seus amigos e familiares a través das novas tecnoloxías”.
No Nadal da TIC os participantes puideron crear música e sons con diversas aplicacións móbiles (apps), ser os protagonistas dun calendario de 2018 e recibir consellos sobre os mellores hábitos de alimentación. A xornada, que estivo aberta a todos os maiores interesados, continuou pola tarde en horario de 16:30 a 19:00 horas.
Entre as actividades concretas realizadas incluíuse unha interpretación musical navideña en clave colectiva: un coro que cantou Noite de paz ao son do teclado das tabletas no que participaron Darío Campos, Álvaro Santos e Lara Méndez. Esta panxoliña formou parte do taller TIC Sonoro, no que os maiores teñen acceso a diversas apps con forma de piano ou cordas de guitarra, coas que poden crear música e sons.
Na xornada tamén houbo marxe para promover hábitos saudables, cun obradoiro pensado especialmente para estas datas. Ademais de recibir información sobre as mellores dietas para a poboación en xeral, e os maiores en particular, os participantes tiveron a oportunidade de elaborar receitas saudables sinxelas que despois degustaron a media mañá e repetiron á hora da merenda.
Porén, o Nadal da TIC incluíu moitas outras activades. Entre elas, sesións divulgativas e prácticas ligadas á imaxe, tanto desde o punto de vista da fotografía como do audiovisual. Deste xeito, os maiores coñeceron o funcionamento do croma e elixiron entre numerosas paisaxes con ambientación de Nadal, a maioría da provincia de Lugo. Entregóuselles un calendario de 2018 coa súa foto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?