Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ABANCA permite pagar co móbil dende calquera smartphone Android con NFC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ABANCA permite pagar co móbil dende calquera smartphone Android con NFC

Redacción
Publicado: 26/12/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20171220-abanca-wallet-hd-600c119c.jpgABANCA lanza para os seus clientes un novo servizo dixital para pagar co móbil, o wallet ABANCA, que permitirá aos clientes da entidade financeira galega ter todas as súas tarxetas ABANCA no móbil e pagar directamente co seu smartphone en calquera establecemento comercial no que se poida utilizar unha tarxeta de débito ou crédito contactless, non sendo preciso contar cun smartphone compatible con Apple Pay ou Samsung Pay (chega con ter un teléfono con Android 4.4 ou superior que conten con tecnoloxía NFC).
O novo servizo de carteira dixital está dispoñible de balde na aplicación de pagos de móbil a móbil da entidade financeira, ABANCA Pay (para Android). Poderase asociar calquera tarxeta VISA ou Mastercard, de crédito ou débito, de ABANCA. Tamén se incorporou a esta aplicación a funcionalidade de Masterpass, un novo medio de pago para facer compras na Internet a través do móbil, tableta ou ordenador.
abanca_wallet_capturas.jpgPagar a través do wallet ABANCA é sinxelo e seguro. Simplemente dende a aplicación de ABANCA Pay o cliente terá acceso ao servizo de wallet e Masterpass. As tarxetas de crédito e débito de ABANCA que teña o usuario cárganse directamente na aplicación e non ten que introducilas o cliente, xa que a aplicación móbil está asociada á súa conta de banca electrónica. Unha vez cargadas as tarxetas, o wallet pedirá un PIN para realizar os pagamentos co móbil.
Para pagar nos comercios, só hai que desbloquear o móbil e achegalo ao TPV, se o pago supera os 20 euros deberemos teclear no TPV o PIN do wallet. Tamén se incorpora a autenticación dos pagos con pegada dixital desde o móbil, de tal modo que o cliente valida con plena seguridade a operación desde orixe no propio dispositivo e para calquera importe, sen requirirse neste caso o tecleo de PIN no TPV.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?