Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lalín dá a coñecer os gañadores do seu concurso de fotografía dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lalín dá a coñecer os gañadores do seu concurso de fotografía dixital

Redacción
Publicado: 27/12/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A fotografía Foise de Marlene Pérez
A fotografía Foise de Marlene Pérez
Finalmente resolveuse a primeira edición do Concurso de Fotografía Dixital Roteiros de Lalín e xa sabemos os nomes dos gañadores. O xurado do certame, ao que se presentaron máis de medio cento de imaxes (presentadas en función dos criterios de avaliación recollidos nas bases), decidiu conceder o primeiro premio Roteiros de Lalín á obra Foise de Marlene Pérez. Polo que respecta ao Premio Roteiros do Público, o xurado certificou que a obra Catasós, de José Antonio Santomé González, foi a fotografía máis valorada polo público-internauta do concurso a través da páxina web específica do mesmo.
No resto de categorías, o xurado acordou conceder o premio Roteiros Natureza, á fotografía presentada baixo o título Ánfora, da que é autor Javier Docampo, e declarar deserto o premio Roteiros Patrimonio, por “considerar que ningunha das obras que podían acceder a esta categoría recollían os elementos necesarios para seren premiadas”.
Segundo explica o Concello de Lalín, os premios do concurso non serán en metálico e consistirán en agasallos ou viaxes relacionadas coa natureza. En termos máis concretos, o primeiro galardón será unha viaxe de 2 noites para 2 persoas con actividades outdoor (sendeirismo, BTT,etc) nun lugar de interese natural do noroeste peninsular, valorada en 350 euros. O premio Roteiros Natureza consiste nun curso de fotografía individualizado no Courel (incluíndo unha estadía dunha noite para 2 persoas) cun experto fotógrafo, valorado en 250 euros. Polo que respecta ao premio do público, trátase dun curso de fotografía individualizado dun día, cun experto fotógrafo en calquera das Reservas da Biosfera de Galicia (incluíndo unha estadía dunha noite para 2 persoas), valorado en 250 euros.
En total foron 55 as instantáneas presentadas a un certame que se puxo en marcha co obxectivo de promover os valores do programa: natureza, rural, patrimonio, saúde e deporte. O xurado do concurso estivo composto polo concelleiro de Urbanismo, Nicolás González Casares (como presidente); un membro do gabinete de prensa municipal (como secretario); o experto en natureza e patrimonio David Mella; o voluntario do programa Roteiros, José Luís Rodríguez Jácome; e dous expertos en fotografía: Javier Lalín, do Faro de Vigo, e Miguel Souto, de La Voz de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?