Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Toponimízate convida a xeorreferenciar a microtoponimia de Coruña, Palas de Rei e O Grove
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Toponimízate convida a xeorreferenciar a microtoponimia de Coruña, Palas de Rei e O Grove

Redacción
Publicado: 27/12/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20171227toponimizatemelide.jpgO programa itinerante Toponimízate da Secretaría Xeral de Política Lingüística e os concellos da Rede de Dinamización (RDL), dirixido a facer fincapé na importancia da microtoponimia (convidándonos a rexistrar e xeorreferenciar os máis miúdos nomes de lugar, nomes que non adoitan aparecer nos mapas e que corren risco de desaparecer co despoboamento), chega esta semana á Coruña (este 27 de decembro), a Palas de Rei e máis ao Grove (este xoves 28). Con estas tres charlas, ás que cómpre engadir outra xeira en Viveiro, completarase a xira de Toponimízate por 15 concellos da nosa xeografía, buscando mobilizar á veciñanza para salvar a microtoponimia botando man das novas tecnoloxías da información (xeorreferenciando e xeolocalizando cada nome de lugar).
O programa Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra estase a materializar con 15 xuntanzas en aberto nas que participan técnicos especialistas en toponimia compartindo impresións coa cidadanía, facendo fincapé na importancia da microtoponimia. A previsión é darlle continuidade á xira en datas vindeiras. Segundo explicou recentemente o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, “a toponimia e a microtoponimia son unha grande riqueza e obra colectiva que cómpre salvagardar para evitar a súa perda”. Tamén recordou que a súa recuperación e fixación é un compromiso do Goberno galego en estreita colaboración coa Real Academia Galega (RAG).
Esta acción enmárcase nos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, coordinados ambos os dous desde a Consellería de Vicepresidencia, Administracións Públicas e Xustiza, coa colaboración da AMTEGA e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Desde o pasado 30 de novembro Toponimízate chegou a Ourense, Lousame, Arteixo, Boqueixón, O Carballiño, Melide, Cangas, Sober, Vedra, Outes e Silleda por medio de conferencias do filólogo Vicente Feijoo, especialista en toponimia e membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, centradas na toponimia galega (motivos da abundancia de nomes de lugar no país, toponimia galega como patrimonio inmaterial etc.) e tamén da propia de cada concello (significado dos nomes das parroquias e das aldeas, como consultar a toponimia xeorreferenciada de cada municipio no Buscador de topónimos, utilidades desta ferramenta etc.).
Nelas presentouse ademais, no caso daqueles concellos que teñen aínda sen recoller a súa microtoponimia (nomes de leiras, camiños, fontes, penedos etc.) a nova aplicación tecnolóxica que lle permitirá á veciñanza colaborar para rexistrar e subir á rede tanto os microtopónimos como as lendas asociadas a eles, de xeito que tamén poida colaborar na salvagarda deste importante patrimonio inmaterial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?