Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Estrada Dixital xa ten máis de 1.600 usuarios da súa rede sen fíos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Estrada Dixital xa ten máis de 1.600 usuarios da súa rede sen fíos

Redacción
Publicado: 28/12/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

concello_estrada.jpgO remate do ano adoita coincidir con recontos de éxitos e de obxectivos. Isto acontece moito a nivel estatal e autonómico, pero tamén a nivel local, o que en ocasións ten máis interese (por ser as cifras máis doadas de asimilar e concretar) e máis mérito (por incluír recursos máis limitados e en ocasións mellor aproveitados). Neste grupo sitúase o informe lanzado pola iniciativa A Estrada Dixital, que vén de facer balance do conseguido nos meses que vimos de deixar atrás. O balance achega datos tan salientables como a cifra de 1.603 usuarios da rede sen fíos finalmente acadados. Deles, o 96,5% son particulares. O servizo, ademais, conta con 63 empresas locais dadas de alta como clientes.
Como lembraremos, A Estrada Dixital púxose en marcha hai 11 de anos, impulsada pola Fundación Cultural A Estrada, entidade sen ánimo de lucro dependente do Concello. Trátase, para quen non o saiba, dun operador municipal de Internet que abrollou dun proxecto tecnolóxico europeo, tamén denominado “aestradadixital”, que abrangueu múltiples actuacións relacionadas coas novas tecnoloxías, “coa intención de facilitar o acceso ás novas tecnoloxías e á Sociedade da Información ós estradenses”, tentando achegar conexión a todos os enclaves das 51 parroquias do municipio e os seus 473 núcleos de poboación.
Volvendo ás cifras do balance, sinalar que maior parte dos usuarios da rede sen fíos pertencen á contorna rural do municipio, un 62,6% dos clientes, fronte aos 599 usuarios do centro urbano (o 37,3%). Segundo os impulsores de A Estrada Dixital, esta porcentaxe non fai máis que amosar os obxectivos básicos da iniciativa, que foron (e seguen a ser) loitar contra a fenda dixital que adoita separar as contornas urbanas das non urbanas, en detrimento destas últimas.
Por parroquias, Ribeira é a que rexistra un maior número de clientes, cun total de 36 fogares conectados. Séguenlle Santeles (35), Moreira (33), Berres (32) e San Miguel de Castro (30).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?