Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arousa Norte crea, instala e pon en marcha unha plataforma en liña de xestión unificada de oficinas de turismo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arousa Norte crea, instala e pon en marcha unha plataforma en liña de xestión unificada de oficinas de turismo

Redacción
Publicado: 28/12/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

arousa_norte_app.jpgA nova aplicación achegada pola entidade Arousa Norte (Mancomunidade de Municipios integrada polos Concellos de Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo) é unha aplicación móbil e unha plataforma OfiTur Online que permite unificar a xestión de múltiples oficinas de turismo, automatizando o envío de información estatística e informes sobre visitantes, procedencias, duración, actividades, etc. A app en cuestión está dispoñible xa para móbiles con sistemas Android.
Conta con dous módulos principais: Enquisas de visitantes e Informes. Dende o punto de vista tecnolóxico, trátase dunha plataforma web en liña, accesible a través de calquera navegador de Internet, o que segundo os seus creadores facilita a súa instalación e implantación, mantemento e despregue a múltiples oficinas de turismo, e unha app de enquisas para dispositivos móbiles Android.
hand.jpgA ferramenta de xestión de Oficinas de Turismo ofrece a posibilidade de cubrir enquisas de recollida de datos de aquelas persoas que se achegan a oficina na procura de información e, por outra banda, proporciona o resultado da análise dos datos introducidos en forma de táboas e gráficas.
Respecto dos elementos (tanto de hardware como de software) precisos para a implantación da plataforma en sete oficinas de turismo e un centro de xestión unificado, son os que detallamos a continuación.
En materia de acceso á app, este faise mediante un navegador a través dunha URL onde está aloxada a aplicación. A plataforma estará acubillada nun aloxamento en liña proporcionado pola empresa AVA. O acceso a aplicación está restrinxido aos usuarios rexistrados que accederán introducindo o seu nome de usuario e o correspondente contrasinal.
A pantalla de inicio pode personalizarse con fin de integrar a imaxe corporativa e os logotipos correspondentes segundo o caso. Esta pantalla contén os accesos directos as funcionalidades máis utilizadas.
fire_os-img._cb510546063_.jpg Estas funcionalidades inclúen, na parte superior dereita da pantalla, o nome de usuario (que está sempre á vista e que nos permite saber quen está empregando a aplicación), o cambio de contrasinal e o remate da sesión (posibilidade de finalizarmos o traballo que estamos a desenvolver en liña, ceibando as conexións e deixando libre o equipo para ser empregado por outro usuario). Polo que respecta á parte central da pantalla (a xeito de botóns para premer), están habilitadas as seccións de Enquisas (que nos leva á parte de xestión dos cuestionarios que comprende a listaxe de enquisas de recollida de datos), de Informe diario (sección na que podemos ver, imprimir ou exportar a un documento Excel un informe de resultados da análise da información recollida nos cuestionarios entre dúas datas a escoller) e de Informes (este apartado permite consultar, imprimir e exportar os resultados das enquisas, podendo ser filtrados os datos obtidos de xeito sinxelo e combinado; os datos resultantes preséntanse en táboas e gráficas).
Polo que respecta á aplicación de enquisas, dende a pantalla principal da app accedemos ao cuestionario para que poder recoller os datos das visitas dos turistas. Para esta ferramenta móbil son precisas tabletas móbiles de 9,7 polgadas ou 10 polgadas co sistema operativo Android. O centro de xestión de datos unificado de OfiTur Online require de calquera equipo informático PC, portátil, tableta ou móbil con conexión a Internet. Incorpórase ademais o aloxamento web preciso para o correcto funcionamento da aplicación e almacenamento dos datos das enquisas nunha base de datos online.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?