Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta mobilizará máis de 100 millóns de euros na dixitalización e formación das PEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta mobilizará máis de 100 millóns de euros na dixitalización e formación das PEME

Redacción
Publicado: 02/01/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do IGAPE, destinará este ano preto de 6 millóns de euros en proxectos colectivos de dixitalización para apoiar a 100 PEME galegas e na formación en tecnoloxías, procesos e metodoloxías da Industria 4.0 para achegar coñecementos a 1.000 traballadores e mandos intermedios. Estas novas convocatorias, que vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia (DOG), favorecerán conxuntamente a mobilización de máis de 10 millóns de euros.
A Xunta, dunha banda, promove proxectos colectivos de dixitalización nas PEME destinando para iso un total de 5 millóns de euros para apoiar investimentos ao abeiro da Axenda Galicia-Industria 4.0 e contando tamén con financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O obxectivo é potenciar a posta en marcha de sistemas informáticos que aporten valor ás empresas: tanto proxectos colectivos de soporte a procesos sectoriais multiempresa, como proxectos individuais de intelixencia artificial e de conectividade inter e intraempresarial.
Á realización de obradoiros para a xeración de proxectos colaborativos de dixitalización, financiados ao 100% co novo programa, súmanse as axudas a investimentos dixitais que poderán cubrir ata o 30% no caso das pequenas empresas e ata o 20% para as medianas, se ben os gastos de colaboracións externos necesarios poderán contar con apoios do 50%. O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2018 no caso de obradoiros e ata o 28 de febreiro no das axudas a investimentos en dixitalización. Haberá catro convocatorias ao longo do 2018.
Terán prioridade os proxectos colectivos formados por grupos de empresas e que, de maneira opcional, poden estar coordinadas por un organismo intermedio. A Xunta reforza con esta iniciativa a súa aposta por un modelo de empresa 4.0, dixital, innovadora e exportadora. Reforza e complementa así as convocatorias de axudas para impulsar investimentos 4.0, que se activarán por terceira vez en 2018 e que xa teñen beneficiado a 70 empresas con máis de 15 millóns de euros en investimentos.
O segundo dos programas, que vén de publicarse tamén no DOG, apoiará proxectos de capacitación en xestión e organización empresarial para achegar formación no eido 4.0 a 1000 profesionais, traballadores e mandos intermedios, que se formarán en organización industrial, liderado de proxectos, protocolos de cooperación interempresarial, utilización de ferramentas de business intelligence e de vixilancia tecnolóxica, co-creación de produtos, novos modelos de negocio e eficiencia enerxética.
Estas axudas á formación 4.0 contan cun orzamento de 700.000 euros para 2018, podendo beneficiarse organismos intermedios (clústers e centros tecnolóxicos) que organicen programas formativos nos que participen persoas vinculadas profesionalmente cunha PEME galega. Búscase así a especialización en eidos como a robótica, o tratamento masivo de información (Big Data), os vehículos autónomos, a conectividade (Internet das cousas), a ciberseguridade ou a Loxística 4.0.
Neste caso, as axudas cubrirán o 70% dos gastos no caso de que o organismo intermedio beneficiario cumpra as condicións de pequena empresa; do 60% no caso de mediana empresa; e do 50% nos restantes casos. Trátase da terceira convocatoria deste programa para o que o prazo de presentación de solicitudes será de dous meses a partir do 2 de xaneiro de 2018.
Deste xeito, a Xunta avanza no desenvolvemento da Axenda Galicia-Industria 4.0, impulsando a implantación da industria conectada e incrementando o seu peso no PIB ata 2020. Do desenvolvemento do primeiro plan bienal da Axenda Galicia-Industria 4.0 beneficiáronse 4.200 empresas, e para o segundo plan (2017-2018) cóntase cunha dotación orzamentaria de 175 millóns de euros para seguir avanzando na modernización do tecido produtivo galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?