Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As profesións dixitais, presentes na nova edición de Ben Empregado da Deputación de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As profesións dixitais, presentes na nova edición de Ben Empregado da Deputación de Lugo

Redacción
Publicado: 02/01/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

presentacion_ben_empregado_iv-deputacion.jpgA nova edición de Ben Empregado máis social, a cuarta, tamén terá (como as anteriores convocatorias) vertente TIC. Máis polo miúdo, a través de oportunidades laborais para profesionais técnicos en informática ou xestores de comunidades en liña, expertos en redes sociais. Así se especifica hoxe no Boletín Oficial da Provincia, que publicou os 201 novos postos de traballo para lucenses no paro, en todos os sectores, ao abeiro do programa Ben Empregado impulsado pola Deputación de Lugo. Esta iniciativa materializarase (novamente) a través da concesión de axudas a autónomos, PEME e colectivos sociais. A contía total de apoios é de 2,4 millóns de euros. O BOP tamén recolle hoxe a listaxe completa de entidades e asociacións que resultaron beneficiadas de ditas subvencións.
Con ditos fondos, o Executivo provincial financia durante un ano os custos laborais dos novos traballadores (que serán todos lucenses a día de hoxe en situación de desemprego) que demandan e requiren entidades e asociacións da provincia para poder reforzar a súa actividade. Faino en diferentes porcentaxes, atendendo ao nivel de compromiso social dentro da súa aposta por unha Deputación social e coas persoas. En total, financiaranse ao cen por cen os custes laborais 60 lucenses con capacidades diversas ou en risco de exclusión social. Por outra banda, cubriranse ao 50% os custes doutros 141 veciños, actualmente desempregados, que comezarán a traballar en negocios na provincia de empresarios lucenses.
Na listaxe de postos de traballo a impulsar figuran os seguintes, entre outros moitos: técnico consultor enerxético, condutor de maquinaria, creativo audiovisual, técnico agrícola, técnico superior en administración de sistemas informáticos, axente de viaxe e administración, educador, responsable de atención ao cliente, enxeñeiro técnico de obra pública, licenciado en ciencias químicas, técnico de emprendemento, técnico informático, técnico de atención á terceira idade, técnico superior en procesos de calidade na industria alimentaria, informador cultural, etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?