
O programa está producido pola USC e emítese todos os domingos ás 15.00 horas grazas ao financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade. Ao longo do pasado ano emitíronse 42 programas novos, ademais de 12 reemisións en verán. Entre eles, os seus responsables destacan a gala do décimo aniversario que tivo lugar o 30 de setembro no Teatro Principal de Compostela e na que interveu unha nutrida representación dos mais de mil investigadores que pasaron polos seus micrófonos, como Ángel Carracedo, José Edelstein, Minia Manteiga, Ana Ulla ou Fernando Aguado. Tamén destacan a gala Stat Wars: O espertar dos datos, que anunciamos en Código Cero o pasado mes de novembro e que conseguiu, finalmente, a participación de case medio milleiro de cativos de toda a nosa xeografía.
O programa Efervescencia logrou máis de 52.000 descargas e escoitas en 2017
Compartir Este Artigo

