Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A xestión TIC de vehículos, ao detalle nunha nova xornada no Club Financeiro Atlántico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A xestión TIC de vehículos, ao detalle nunha nova xornada no Club Financeiro Atlántico

Redacción
Publicado: 31/01/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mobilidade_vehiculos.jpgO Club Financeiro Atlántico da Coruña prosegue coas súas xeiras formativas, divulgativas e de debate arredor das múltiples facianas que adopta a innovación e a creatividade aplicada ás tecnoloxías. Se os días pasados falabamos da cita con José Luis Orihuela arredor da comunicación do noso tempo (e do que tempo que nos espera), agora é a quenda de facer fincapé no transporte e na xestión tecnolóxica de vehículos (o transporte e a xestión de hoxe, e a do día de mañá). Estamos a falar do Curso Avanzado de Xestión de Frotas, que se celebra este 2 de febreiro no Club Financeiro, e que, co fío temático do control e o seguimento dos custes de equipamentos de mobilidade, vén da man da firma galega Ferreira Dapía Technology Consultant, en colaboración con Escola de Finanzas e Advanced Fleet Management Consulting.
O curso, que segundos os organizadores é o primeiro destas características que se celebra na Coruña, artéllase nunha xornada de cinco horas de duración e está dirixido a empresarios, directivos, xerentes, xestores de frotas, directores de loxística e profesionais relacionados coa xestión de frotas de vehículos.
A xornada será inaugurada por Venancio Salcines, fundador de Escola de Finanzas, e clausurada por José Antonio Ferreira, director de Ferreira Dapía. A formación será impartida por José Miguel Fernández, manager de Advanced Fleet Management Consulting, firma referencial na xestión de frotas, que entre outros traballos encargouse para a Axencia para os Refuxiados da ONU (UNHCR) da optimización e xestión das actividades do seu equipamento de 6.500 vehículos en todo o mundo.
Para quen non o saiba, Ferreira Dapía é un servizo coruñés de consultoría tecnolóxica fundado por José Antonio Ferreira, que amoreou ao longo das tres últimas décadas unha ampla experiencia na creación de empresas relacionadas coas radiocomunicacións, a telefonía fixa, a telefonía móbil e os servizos de localización por GPS.
As especialidades de Ferreira Dapía Technology Consultant son a Internet das Cousas (IoT), a información a gran escala (Big Data), a telemática, a xestión de frotas, de emerxencias e seguridade, a telemetría, a transmisión de datos en mobilidade, as solucións para dispositivos móbiles, as comunicacións M2M e as radiocomunicacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?