Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ITG luciu en Israel a súa bagaxe en Industria 4.0 e tecnoloxías aéreas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ITG luciu en Israel a súa bagaxe en Industria 4.0 e tecnoloxías aéreas

Redacción
Publicado: 02/02/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Foto de grupo dos participantes na misión comercial galega a Israel
Foto de grupo dos participantes na misión comercial galega a Israel
Entre as entidades TIC que participaron na pasada misión comercial galega a Israel atopábase o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), cuxa presenza tiña o obxectivo de fortalecer as súas capacidades tecnolóxicas. Na súa andaina polo país de Oriente Medio, o ITG concorreu no evento 2018 OurCrowd Global Investor Summit celebrado en Xerusalem, que pasa por ser o principal foro de investimento internacional en materia de micromecenado, un escenario referencial onde se dan cita centos de investidores e novas firmas innovadoras de todo mundo.
Segundo informa o ITG, a viaxe a Israel foi un xeito de dar continuidade á aposta do instituto polo espallamento das solucións que desenvolve. Tamén tivo ocasión de poñer en valor a súa bagaxe en Industria 4.0, información a gran escala (Big Data), drons ou Internet das Cousas (IoT).
O director xeral do Instituto Tecnolóxico de Galicia, Carlos Calvo, salientou que “o ITG participa nestes foros porque entendemos que é onde temos que estar. Trátase de encontros moi relevantes nos que temos a oportunidade de transferir e de recibir información de gran valor”.
No evento israelí, o instituto tivo a oportunidade de “abrir a porta a novas vías de colaboración”. Agora, sinala Calvo, “toca traballar intensamente para que axiña poidamos ver os resultados”.
Entre as iniciativas dadas a coñecer no devandito evento atópanse os seus achados en materia de vehículos aéreos non tripulados, materializados a través de Civil UAV Initiative (proxecto da Axencia Galega de Innovación, no que o ITG colabora con Babcock para dar forma a novos sistemas de control, un software de misión intelixente e un centro de simulación para formación de pilotos) ou da primeira Unidade Mixta de investigación (UMI) especializada en drons en Galicia, constituída trala unión do Instituto Tecnolóxico de Galicia e Star Defence Logistics & Engineering (SDLE).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?