Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FINSA e Nova Pescanova lanzan retos de innovación emprendedora ao abeiro de Galicia Open Future
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

FINSA e Nova Pescanova lanzan retos de innovación emprendedora ao abeiro de Galicia Open Future

Redacción
Publicado: 14/02/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

finsa_15_970x597.jpgAs compañías galegas FINSA e Grupo Nova Pescanova veñen de pechar fileiras a prol do emprendemento innovador e de lanzar cadanseu desafío ao abeiro de Galicia Open Future, o centro de crowdworking de Telefónica con sede na Cidade da Cultura, arestora inserido na súa cuarta edición. FINSA, no seu reto, expón o desenvolvemento dun sistema que axude a xestionar de forma máis intelixente o seu mobiliario, obtendo información de interese a través dos datos dos sensores colocados nos seus produtos. O Grupo Nova Pescanova, pola súa banda, busca un modelo de predición que axude a optimizar a rendibilidade da súa produción de lagostino de acuicultura. Os gañadores desenvolverán o proxecto piloto acompañados pola empresa tractora e poderán acceder ao programa de aceleración de Galicia Open Future, ademais de recibir axudas económicas da Xunta de Galicia.
As dúas devanditas propostas son as primeiras das achegadas por FINSA e o Grupo Nova Pescanova para Galicia Open Future: Edición Retos 4.0, o novo modelo do programa de aceleración de Telefónica, que, como dixemos recentemente en Código Cero, busca dirixir o talento emprendedor cara á resolución de problemas concretos da industria galega.
Nun plano máis detallado, a proposta de FINSA tenta responder á seguinte pregunta: Como poden as novas tecnoloxías dotar ao sector da madeira de capacidades dixitais para ofrecer aos seus clientes un mobiliario máis intelixente? O obxectivo da empresa con sede en Santiago é fornecer aos seus clientes finais dunha plataforma de software que permita acceder aos elementos de sensórica instalados nos seus produtos (taboleiros de madeira, chans laminados ou compoñentes para móbeis) e executar accións para “crear hábitats intelixentes”. FINSA expón este reto para desenvolver tamén unha plataforma que almacene datos de uso dos produtos para poder obter así un histórico que permita facelos evolucionar, e a súa idea é que sexa unha plataforma aberta a todos os fabricantes para crear no futuro un ecosistema do que tiren proveito múltiples axentes do sector. Por último, busca que o sistema cumpra con criterios de seguridade óptimos, “para lograr a confianza do cliente final neste tipo de produtos”, sinala a compañía.
telefonica_open_future-4.jpg Pola súa banda, o Grupo Nova Pescanova lanza o seguinte reto: Como podemos modelar os datos recolleitos nos sucesivos ciclos de cría do lagostino para predicir e corrixir, no seu caso, comportamentos e optimizar a toma de decisións presentes e futuras? Para o Grupo Nova Pescanova, que dispón de máis de 1.000 piscinas para cría de lagostino situadas en distintas partes do mundo, a eficiencia óptima deste cultivo extensivo é un reto a conseguir, debido á influencia de múltiples factores como o clima, as condicións e a densidade da sementeira ou a dosificación do alimento, entre outros, polo que busca dispor, nas súas palabras, “dun modelo de análise de predición que faga realidade anticipar comportamentos e dispor de curvas esperadas de supervivencia, medre e rendibilidade”. O obxectivo final deste reto é “incorporar ao cultivo de lagostino un método de autoaprendizaxe en función de decisións e resultados, de forma que nunha fase posterior a produción esta o máis preto posible da súa rendibilidade óptima”.
Galicia Open Future inaugura desta maneira a súa primeira fase de lanzamento de retos coa participación de dúas empresas galegas de referencia, e líderes nos seus respectivos sectores. Ás propostas poderán presentarse startups, PEME, centros tecnolóxicos, universidades e emprendedores. Seleccionarase a un gañador por cada desafío, que poderá desenvolver un piloto da súa solución coa empresa tractora, e tres finalistas. O gañador terá unha axuda da Axencia Galega de Innovación (GAIN), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, de 20.000 euros para a posta en marcha do proxecto piloto. Ademais, tanto o gañador como o tres finalistas poderán acceder a un programa de aceleración dentro do ecosistema Open Future de Telefónica, e recibirán ademais un patrocinio de 10.000 euros, achegado por GAIN, como recoñecemento ao seu esforzo innovador. Transcorrido o tempo de aceleración, seleccionarase ao mellor do tres finalistas, que recibirá unha axuda adicional de 10.000 euros achegada pola axencia AMTEGA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?