Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un investigador do CiTIUS obtén unha das seis axudas Ramón y Cajal en computación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un investigador do CiTIUS obtén unha das seis axudas Ramón y Cajal en computación

Redacción
Publicado: 14/02/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

josealonsoryc.jpg-rsize.jpgO CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información) segue a gañar prestixio e a constituírse como referente innovador do noso tempo. Proba diso son os importantes achados científicos e tecnolóxicos da investigadora Paula López (en materia de topografía de semicondutores), do Grupo de Arquitectura de Computadores (que mellorou o rendemento dos servidores poñendo o punto o acceso á memoria), da spin-off Situm Technologies (obxecto de importantes recoñecementos recentes) ou dos investigadores Paulo Félix, Tomás Teijeiro, Constantino García e Daniel Castro, que se impuxeron no meirande desafío internacional de computación en cardioloxía clínica. Agora, puidemos saber que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte concedeu unha das 6 axudas Ramón y Cajal da área de Ciencias da Computación e Tecnoloxía Informática a José María Alonso del Moral.
Alonso, segundo informa o centro da USC, adicará un período mínimo de cinco anos ao desenvolvemento dos obxectivos fixados na competitiva axuda Ramón y Cajal. O principal obxectivo do proxecto que vén de ser referendado polo Ministerio é desenvolver novas solucións de Intelixencia Artificial que sexan quen de extraer información e de presentala de forma comprensible para todo tipo de usuarios. A maiores, informa o CiTIUS, estas novas solucións deberían estar dotadas da capacidade de diálogo, de tal forma que “poidan explicar aos seres humanos os fundamentos que sustentan as conclusións que obteñen os seus algoritmos”.
O centro tamén explica que a devandita é unha liña de traballo inserida na área da Intelixencia Artificial Explicable, un eido de estudo que nos aproxima aos actuais sistemas de tipo “caixa negra” (como o Deep Learning), moi efectivos, “pero aos que resulta moi difícil identificar os fundamentos dos resultados que presentan, cando non imposible”. Ao longo do proxecto que agora comeza, o equipo de José Alonso combinará diferentes técnicas de Intelixencia Artificial, como Lóxica Fuzzy, algoritmos xenéticos ou sistemas de xeración de linguaxe natural. Todos eles serán empregados no desenvolvemento de solucións coa capacidade de presentar as súas conclusións aos usuarios mediante unha combinación de audio, gráficos e textos, permitindo que estes poidan adaptarse de xeito dinámico ás necesidades de cada persoa e á información requirida en cada momento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?