Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra pon en funcionamento a sede SmartPEME da Estrada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra pon en funcionamento a sede SmartPEME da Estrada

Redacción
Publicado: 28/02/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Xuntanza celebrada en xaneiro na que a Deputación e o Concello confirmaron a participación da Estrada en SmartPEME
Xuntanza celebrada en xaneiro na que a Deputación e o Concello confirmaron a participación da Estrada en SmartPEME
Hoxe formalízase finalmente a ampliación do programa SmartPEME, a rede de formación e asesoramento TIC impulsada pola Deputación de Pontevedra. E faise coa incorporación da Estrada, constituíndose finalmente unha rede formada por este concello e por Pontevedra, Vigo, Porriño, Ponteareas, Cambados e Lalín. Segundo explica a entidade provincial, o servizo estradense xorde en parte para evitar os desprazamentos cara a Lalín dos participantes nos obradoiros de SmartPEME. En Lalín, como lembraremos, é onde se atopa o punto da rede que atende ás comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes. Por outra banda, a sede estradense, en cuxa posta en marcha tamén colaborou o Concello, pretende dar resposta á elevada demanda local de participación en SmartPEME (o 33% das consultas rexistradas na sede de Lalín).
A partir de hoxe, todos os primeiros e últimos mércores de mes, entre as 10.00 e as 14.30 horas e 16.00 e 19.00 horas, unha persoa especializada en novas tecnoloxías atenderá ás empresas e persoas autónomas no viveiro de empresas da Estrada ás PEME que precisen asesoramento personalizado. Segundo explica a Deputación, un dos sectores que terán un especial seguimento e dedicación será o agrogandeiro, que na comarca de A Estrada, representa preto do 37 por cento do empresariado.
Esta cuarta feira (mércores), amais do inicio dos asesoramentos personalizados, celebrarase un obradoiro formativo, entre as 19.00 e 21.00 horas, titulado A túa páxina web en menos de 90 minutos. Durante o mes de marzo desenvolveranse dous novos obradoiros comezando o día 7 de marzo cun de Factura electrónica (19.00 a 21.00 horas) e outro o día 28 titulado A túa páxina web con WordPress.
Seguirán a estas accións formativas os obradoiros de A túa páxina web con WordPress II (25 de abril), Woocommerce-Módulo I. A solución que buscabas para vender por Internet (30 de maio), Woocommerce-Módulo II. A solución que buscabas para vender por Internet (20 de xuño), Google Analytics: iniciación á analítica web (18 de xullo), Google Analtytics: interpretación de datos e toma de decisións (26 de setembro), Comercializa os teus servizos a través das redes sociais (3 de outubro), Unifica a túa xestión das túas redes con hootsuite e outras ferramentas (7 de novembro) e Guía de boas prácticas para redes sociais (5 de decembro), que se celebran todos eles entre as 19.00 e 21.00 horas.
A Deputación tamén engade que, amais da carteira de formación e asesoramento que vai ofertar o SmartPEME na Estrada ao longo do ano, a través desta colaboración tamén se fará especial fincapé nos servizos específicos para o turismo, debido a que a comarca de Terra de Montes conta con importantes recursos turísticos ligados á cultura e ao patrimonio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?