O vindeiro 14 de marzo a Cidade da Cultura vai acoller un encontro arredor das Smart Cities, os principais retos que poñen en xogo e as súas importantes posibilidades en materia de calidade de vida, sustentabilidade, Administración Electrónica, transporte, xestión urbana e comunicación. Estamos a falar do encontro CIMS GAL 2018, acrónimo de Cidades Innovadoras Modernas e Seguras.
A cita, que se vai desenvolver de 9.00 a 14.30 horas, contará coa presenza dos seguintes moderadores: Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Sandra Sinde, directora de Innovación Aberta do IDOM, Conchi Campos, co-directora da Rede Localis. O evento vén da man do Clúster TIC Galicia, Vicepresidencia da Xunta e as axencias AMTEGA e GAIN.
Os relatores serán André Castelo (socio director de APDTIC), Hugo Álvarez, responsable de Big Data de Micro Focus, Ana Vázquez, xefa da Área da Subdirección Xeral do Rexistro Xeral de Protección de Datos da AEPD, Andrés López, xerente de Innovación de Ruta N Medellín, Diana Alonso, conselleira técnica e coordinadora da Rede Innpulso (MINECO), Javier Vázquez, asesor TIC do Concello de Santiago, Jesús Cañadas, xefe de área do Gabinete da Secretaría de Estado para a Sociedade da Información (MINETAD), Patricia Argerey (directora da Axencia Galega de Innovación, GAIN), Pedro Rodríguez, conselleiro técnico da Subdirección Xeral de Desenvolvemento Urbano (MINHAFP), Aitor Cubo (subdirector xeral do Impulso á Administración Dixital e Servizos ao Cidadán, SGAD), Daniel Neira (avogado e investigador da USC) e Javier Albertos (responsable de Modernización e Innovación do Servizo de Administración Electrónica do Concello de Vigo).
A xornada será inaugurada ás 9.00 horas polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a directora de AMTEGA, Mar Pereira, e o presidente do Clúster TIC, Antonio Rodríguez.
A continuación dará comezo a mesa redonda Cidades Seguras, moderada polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez.
O 14 de marzo toca falar de Cidades Intelixentes no encontro CIMS GAL de Santiago
Compartir Este Artigo
