
O plan, que é un novo paso do Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración (PEBA-NGA) posto en marcha no ano 2013, quere pór o foco nas pequenas poboacións e as zonas rurais, sendo a nosa terra (polo disperso da súa poboación, pola súa orografía e pola gran cantidade de aldeas e vilas de pequeno tamaño), un dos principais obxectivos do programa. De feito, destinaranse para Galicia case 70 millóns de euros, achegándose arredor de 87 euros por cidadán durante o período de vixencia da iniciativa.
Na cita de hoxe deuse a coñecer os 525 millóns de euros que se destinarán ao Plan 300×100 serán co-financiados con fondos FEDER (395 millóns de euros) e que esta sexa feira (venres) o Consello de Ministros dará luz verde á primeira partida destas axudas coa convocatoria de ata 150 millóns de euros para estender a banda larga en 2018.
O Goberno central quere levar redes de última xeración a máis de 800.000 galegos
Compartir Este Artigo

