
Hai tres categorías: Mellor Iniciativa Empresarial Nova, dirixida a proxectos emprendedores con menos de 12 meses de antigüidade; Mellor Iniciativa Empresarial Consolidada, destinada a aquelas empresas que conten con máis de cinco anos de actividade, e Mellor Iniciativa Socialmente Responsable, que premiará ás empresas que contribúan ao medre sustentable da provincia nos ámbitos económico, medioambiental e social.
As empresas que concorren aos premios teñen o seu domicilio nos concellos da Coruña (28), seguido por Santiago de Compostela (12), Ferrol (6), Ames (5), Bergondo (5), As Pontes de García Rodríguez(3), Oleiros (2), Culleredo (2), Noia (2), Ordes (2), Sada (1), Narón (1), San Sadurniño (1), Cambre (1), Paderne (1), Cerceda (1), Cedeira (1), A Pobra do Caramiñal (1), Miño (1), Valdoviño (1) e Cee (1).
En canto aos ámbitos de actividade destas firmas, salientan como dixemos as adicadas ás novas tecnoloxías da información e a programación informática, así como as empresas de servizos de enxeñaría e consultoría, comercio en liña e desenvolvemento de aplicacións. Tamén concorren a este segundo premio empresas dos sectores da alimentación, hostalería, cosmética e estética, educación, turismo e actividades de servizos sociais.
Tres premios de 25.000 euros
Cada un dos galardóns está dotado cun premio en metálico de 25.000 euros, co que a institución provincial pretende recoñecer “o traballo realizado polas pequenas e medianas empresas, autónomos e emprendedores comprometidos co desenvolvemento económico dos concellos coruñeses”.
A decisión do xurado farase pública no decurso deste acto, que contará coa asistencia do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o deputado de Promoción Económica, José Luis García, e representantes do tecido empresarial da provincia. Así mesmo, o evento promoverá a creación de redes, networking, entre todas as empresas candidatas, que poderán dispor do seu propio posto informativo e dunha aplicación informática para dispositivos móbiles creada para o evento, “cos que dar a coñecer os seus produtos e servizos e intercambiar ideas de negocio”, sinala a Deputación.
O xurado estivo presidido polo deputado de Promoción Económica e Emprego, José Luis García, mentres que o secretario foi Rafael Díaz-Aguado, xefe do Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego. Nel participaron especialistas de diferentes ámbitos relacionados co mundo da empresa e representantes de asociacións e outras organizacións de empresarios con presenza nos concellos coruñeses, como José Manuel Cotos Yáñez, da Universidade de Santiago de Compostela (USC); José Andrés Faíña Medín, da Universidade da Coruña (UDC); Fernando Barros Fornos, da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela; Carlos Fernández Bermúdez, da Cámara de Comercio da Coruña; Antonio Fontenla Ramil, da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC); Miguel Miragaya Martínez, da Asociación de Jóvenes Empresarios de A Coruña (AJE); José Sierra Fernández, da empresa Uro Vehículos Especiales S.A. (UROVESA), e Isabel Ferro Giménez, do Grupo Calvo.
Os premios á innovación empresarial da Deputación da Coruña desvélanse este venres
Compartir Este Artigo
