Vitae, a consultora galega centrada e servizos de formación e adestramento avanzado para os nosos profesionais da innovación e das novas tecnoloxías, vén de anunciar a súa colaboración e participación no novo capítulo de PMI en Galicia, coa presenza de todo o equipo no primeiro Congreso PMI Galicia Chapter. Neste escenario, o director de Proxectos en Vitae, Marcos Carbonell, será un dos relatores do evento, que se celebra o vindeiro 5 de abril na Cidade da Cultura de Santiago (Monte Gaiás).
Como lembraremos, PMI son as siglas de Project Management Institute (PMI), a máis referencial organización mundial adicada á dirección de proxectos. Foi fundada en 1969 e é unha entidade sen arela de lucro que xunta profesionais en todo o mundo e cuxa sede central está en Pensilvania. Ten máis de 200 capítulos, incluído o galego, en máis de 125 países. Por certo que a cita do 5 de abril implica en boa medida o comezo da andaina do chapter da nosa terra.
No congreso, Marcos Carbonell ofrecerá o seu punto de vista nunha mesa debate sobre a profesión de xestión de proxectos. Máis en detalle, achegará a súa experiencia de máis de 30 anos de experiencia nos sectores das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e os recursos humanos.
A día de hoxe, Vitae está a consolidarse na consultoría de xestión de proxectos asesorando a algunhas das empresas máis representativas do sector TI en Galicia, complementando esta liña coa formación e certificación en PMI, Scrum Manager e Kanban, ao tempo que fornece adestramento en avaliación e selección de perfís TI encamiñados a directores de proxectos e profesionais dos recursos humanos.
Vitae colabora no arranque do capítulo galego de PMI, o 5 de abril no Gaiás
Compartir Este Artigo
