
Ademais, segundo informa Dexga, a conferencia dará a benvida a representantes de bancos centrais e estruturas gobernamentais que compartirán as súas experiencias e plans para aproveitar as posibilidades que as tecnoloxías blockchain poden ofrecer. Entre os relatores que están a participar activamente en BlockShow atópase Jimmy Wales (o gran impulsor da Wikipedia, e unha das “100 persoas máis influentes” segundo a revista Time) ou Johanna Maska (ex-xefe do Departamento de Prensa da Casa Branca para o presidente Barack Obama).
Dexga, pola súa banda, está a salientar no evento as vantaxes e posibilidades de Signen. Por exemplo: é unha plataforma para acordos doada de empregar (bota man da mesma filosofía accesible que WeTransfer, adoptando a seguinte metodoloxía: modelo open cun email do emisor, email do/os receptor/es, documento que se adxunta, elixir método de sinatura-aceptación e validación final da firma) e destaca tamén pola versatilidade (pode empregarse para contratos privados entre persoas, pode usarse entre empresas e tamén inclúe unha API aberta que permite integrar Signen cos programas de xestión da nosa compañía).
Lembrar tamén que a plataforma está elaborada con tecnoloxía blockchain, que garante a máxima seguridade, e é de balde. Pode usarse en versión web ou en versión aplicación móbil para dispositivos con iOS ou con Android.
A galega Dexga mostra as posibilidades de Signen no evento europeo máis referencial do eido blockchain
Compartir Este Artigo
